Reto Galicia Sostible

Este verán, desde Viaqua, convidámoste participar no noso 'Reto Galicia Sostible'. Co obxectivo de promover un estilo de vida máis respectuoso co medio ambiente, preparamos 10 sinxelos retos que podes incorporar na túa rutina diaria e xuntos marcar a diferenza para coidar da nosa contorna e garantir un futuro sostible e verde.

  1. Usa unha botella reutilizable: Di adeus ás botellas de plástico dun só uso e opta por levar sempre contigo unha botella reutilizable. 
  2. Dúchate en lugar de bañarte: unha ducha diaria de 5 minutos, en vez dun baño, permite aforrar ata 400 litros de auga á semana.
  3. Rega a primeira ou última hora do día: Evita regar nas horas de maior calor e aproveita mellor a auga regando nas horas máis frescas.
  4. Leva a túa propia bolsa á compra: Reduce o uso de bolsas de plástico levando sempre contigo unha bolsa reutilizable.
  5. Recicla o aceite usado, non o tires polo vertedoiro: un só litro de aceite pode contaminar ata 1.000 litros de auga.
  6. Revisa as fugas en billas e mangueiras: Unha simple billa que gotea pode desperdiciar ata 90 litros de auga.
  7. Non tires toalliñas nin produtos de hixiene íntima no inodoro: estes produtos provocan atascos nas redes de saneamento e depuradoras.
  8. Refuga as cabichas na papeleira: non as tires en calquera lado ou acabarán convivindo coa fauna dos nosos ríos e mares.
  9. Compra produtos de proximidade, apoia o comercio local: Reducirás a pegada de carbono e apoiarás aos produtores locais.
  10. Inspira a outras persoas para que se unan a este reto: Comparte estes desafíos co teu círculo próximo para lograr xuntos un verán máis sostible.

Acepta o reto e contribúe a facer unha Galicia máis limpa e verde!

Descarga o cartel con todos os retos.