Proxecto EDAR 360

PROXECTO EDAR 360: Investigación en Intelixencia Artificial para mellorar o control, optimización e comparación de procesos en Estacións de Depuración de Augas Residuais

Un consorcio de empresas e centros tecnolóxicos galegos, únense co obxectivo de desenvolver solucións dixitais que permitan o control e a optimización dos procesos de depuración de augas residuais, favorecendo, deste xeito, a protección das masas de auga na nosa Comunidade.

O proxecto EDAR 360, conta cun orzamento total de 1.080.387,70 € e está liderado por Viaqua. Completan o consorcio, as empresas galegas de base tecnolóxica Syspro Automation S.L.U. e Ednon S.L. Este consorcio contará á súa vez coa colaboración dos centros de investigación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Cetaqua Galicia.

Este proxecto, enmarcado no programa Conecta Hubs 2021, está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) para apoiar o crecemento e competitividade das empresas galegas (http://gain.xunta.gal/), e cofinanciado con cargo a Fondos FEDER, orientado a fortalecer o mercado laboral e as economías rexionais (https://www.europarl.europa.eu/) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ademais de recibir o apoio da Vicepresidencia Segunda e da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. A partir desta convocatoria búscase financiar un proxecto colaborativo aliñado coas áreas dos Hubs Galegos de Innovación Dixital, que permita consolidarse dentro do marco de Especialización Intelixente de Galicia.

Viaqua impulsa o despregamento estratéxico da Intelixencia Artificial e a ciberseguridade como elemento tractor para a tan necesaria dixitalización dos procesos de depuración de auga, mediante a monitorización de procesos, a detección temperá de alertas e o soporte á decisión para a optimización destes procesos, cun foco especial na redución de impactos ambientais e a xeración de eficiencias operativas. Desde este enfoque, a proposta de desenvolvemento neste proxecto oriéntase á xestión eficiente e sostible da rede de plantas depuradoras de auga que opera como parte do seu servizo. Por iso, as solucións obtidas serán validadas en diferentes instalacións operadas por Viaqua a fin de garantir a replicabilidad dos resultados obtidos.

EDAR360 alíñase cun dos grandes retos estratéxicos do sector da auga marcado polas directrices europeas, acometendo a súa modernización a través do desenvolvemento de solucións tecnolóxicas dixitais que garantan unha óptima xestión do saneamento.

A presentación de EDAR 360 tivo lugar o 18 de febreiro de 2022 na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

AVANCES NO PROXECTO EDAR 360: Investigación en Intelixencia Artificial para mellorar o control, optimización e comparación de procesos en Estacións de Depuración de Augas Residuais
 
O proxecto EDAR 360 xorde co propósito de desenvolver solucións dixitais que contribúan ao control e a mellora dos procesos de purificación de augas residuais, co obxectivo primordial de protexer as masas de auga na nosa Comunidade.

O proxecto, que conta cun orzamento total de 1.080.387,70 €, está liderado por Viaqua e compleméntase coa participación das empresas galegas de base tecnolóxica Syspro Automation S.L.U. e Ednon S.L. Así mesmo, o consorcio conta coa colaboración dos centros de investigación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Cetaqua Galicia.

Este proxecto, enmarcado no programa Conecta Hubs 2021, está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) para apoiar o crecemento e competitividade das empresas galegas (http://gain.xunta.gal/), e cofinanciado con cargo a Fondos FEDER, orientado a fortalecer o mercado laboral e as economías rexionais (https://www.europarl.europa.eu/) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ademais de recibir o apoio da Vicepresidencia Segunda e da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. A partir desta convocatoria búscase financiar un proxecto colaborativo aliñado coas áreas dos Hubs Galegos de Innovación Dixital, que permita consolidarse dentro do marco de Especialización Intelixente de Galicia.

Durante este ano, as solucións desenvolvidas no marco deste proxecto foron validadas nas instalacións operadas por Viaqua proporcionando soporte para garantir unha óptima xestión do saneamento na monitorización e detección de anomalías en tanques de proceso de depuradora, ademais de caracterizar procesos biolóxicos e químicos mediante enfoques combinados entre modelos físicos e modelos de intelixencia artificial. Por iso, un dos principais obxectivos alcanzados foi a mellora da seguridade dos sistemas industriais, en concreto da depuración de augas residuais mediante o emprego de Intelixencia Artificial.

EDAR360 alíñase cun dos grandes retos estratéxicos do sector da auga marcado polas directrices europeas, acometendo a súa modernización a través do desenvolvemento de solucións tecnolóxicas dixitais.

A distribución de sensores polas instalacións permítenos obter datos en tempo real para alimentar os algoritmos de intelixencia artificial

FINALIZACIÓN DO PROXECTO EDAR 360: Investigación en Intelixencia Artificial para mellorar o control, optimización e comparación de procesos en Estacións de Depuración de Augas Residuais

O proxecto EDAR 360 xorde da necesidade de desenvolver solucións dixitais que permitan o control e a optimización dos procesos de depuración de augas residuais, favorecendo, deste xeito, a protección das masas de auga na nosa Comunidade.

O proxecto EDAR360, conta cun orzamento total de 1.080.387,70 € e está liderado por Viaqua. Completan o consorcio, as empresas galegas de base tecnolóxica Syspro Automation S.L.U. e Ednon S.L. Este consorcio contará á súa vez coa colaboración dos centros de investigación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Cetaqua Galicia.

O traballo realizado ao longo do 2023 estivo centrado no despregamento de cámaras e resto de infraestruturas ciberfísicas nas instalacións operadas por VIAQUA, así como no desenvolvemento dos algoritmos de intelixencia artificial. O despregamento destes elementos permitiu a toma de datos e imaxes das instalacións en tempo real, alimentado os algoritmos de intelixencia artificial para o seu desenvolvemento.  Estes algoritmos, aplicados aos diferentes casos de uso identificados e desenvolvidos en colaboración con CETAQUA e o Instituto Tecnolóxico Gallego (ITG), permítennos tanto detectar eventos das instalacións como o envío de alarmas asociadas aos mesmos, o que se traduce nunha resposta temperá.  

Os algoritmos desenvolvidos durante esta anualidade están actualmente nunha etapa de validación nas instalacións ata o final do proxecto, co obxectivo de seguir alimentando os algoritmos con datos que nos permitan incrementar a robustez dos mesmos e o seu replicabilidad. 