POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE CLIENTES/USUARIOS VIAQUA, GESTION INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA, S.A.U.
A seguinte Política de privacidade describe o tratamento dos datos de carácter persoal que Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. (“Viaqua”) leva a cabo dos seus clientes. Dispós dun resumo desta Política de privacidade neste documento
Quen é o responsable dos datos que facilitas?
O responsable do tratamento dos teus datos persoais é Viaqua, con domicilio en Santiago de Compostela, Rúa José Villar Granjel, nº 33. CP 15890.
No apartado seguinte, explícase que datos de carácter persoal recolle Viaqua e para que finalidades se utilizan
Que tipo de datos recolle Viaqua dos seus clientes e usuarios da Oficina Virtual?
Viaqua recolle os seguintes datos de carácter persoal:
- Datos identificativos e de contacto (nome, DNI, teléfono, correo electrónico, etc.), e información sobre a vivenda que ocupas (enderezo, piso, etc.). Recollemos estes datos cando asinas o contrato de fornecemento de servizos.
- Datos de consumo e datos técnicos do servizo contratado. Esta información do teu consumo é necesaria para emitir a factura correspondente.
- Datos relativos á túa utilización da Oficina Virtual (nome de usuario, contrasinal, rexistro dalgunhas operacións realizadas, etc.). Recollemos estes datos cando accedes á nosa páxina web corporativa e utilizas a Oficina Virtual. Por favor, recorda que na nosa páxina web se utilizan cookies. Podes consultar información detallada ao respecto neste enlace https://www.viaqua.gal/ga/cookies.
- Distintos datos facilitados voluntariamente por ti ao te poñeres en contacto connosco. Se te pos en contacto connosco por calquera razón (con motivo dunha reclamación, para comunicar unha emerxencia, para consultar unha dúbida, etc.), recollemos información de moi distintos tipos que ti pos no noso coñecemento coa finalidade de atender a petición que nos realizas.
Que tipo de datos recolle Viaqua das persoas que só acceden á web para consultar información?
Se visitas a nosa páxina web (www.viaqua.gal) recolleremos:
- Determinada información relacionada coa navegación que realizas (non sempre nos permitirá identificarte) a través de cookies instaladas no teu equipo. Por favor, consulta máis detalles na nosa Política de cookies (https://www.viaqua.gal/ga/cookies.)
- Os datos persoais que nos facilites voluntariamente ao completar formularios de contacto. Neste caso, solicitarémosche que marques unha casa para acreditar que liches esta política e coñeces que tratamento se dará aos teus datos. Os datos obtidos a través de formularios da nosa web utilízanse para atender a petición que nos efectúes.
Para que utilizamos os teus datos persoais?
Utilizamos os datos coas seguintes finalidades:
- Subministrar o servizo que contrataches. Realizamos distintas xestións necesarias para executar o servizo contratado, como por exemplo: lecturas periódicas, emisión de facturas, información ao cliente sobre os consumos efectuados por distintos medios, etc.
O tratamento destes datos é necesario para manter a relación contractual contigo.
- Xestionar o servizo contratado e solucionar as incidencias que se produzan nel. Viaqua leva a cabo tarefas de detección de fugas, control de fraude e balance hidráulico co obxectivo de garantir unha adecuada xestión da auga e o correcto funcionamento da rede.
Viaqua ten un interese lexítimo en tratar os teus datos persoais para detectar fugas e evitar fraudes. Por outro lado, o tratamento dos datos relativos ao servizo contratado é necesario para manter a relación contractual contigo.
- Atender as solicitudes que voluntariamente nos efectúes (entre outras, reclamacións, consultas de dúbidas, chamadas de emerxencia, etc.).
O tratamento destes datos é necesario para manter a relación contractual contigo ou baséase no teu consentimento.
- Realizar estudos estatísticos e/ou enquisas de satisfacción en relación co servizo contratado que nos axuden a mellorar o servizo ou deseñar novas funcionalidades.
a) Estudos estatísticos. Realizamos estudos estatísticos para mellorar os nosos servizos ou deseñar novas funcionalidades. Por exemplo, avaliaremos os niveis de satisfacción, determinaremos medias periódicas de consumo e preveremos a demanda de auga en diferentes zonas ou municipios.
Este tratamento ten como base legal o interese lexítimo de Viaqua en tratar os teus datos persoais e, en particular, a túa opinión sobre o servizo e a información sobre o consumo e as avarías que poidas sufrir, para xerar estudos estatísticos ou agregados que permitan mellorar os servizos.
b) Enquisas de satisfacción. Así mesmo, realizamos enquisas de satisfacción relacionadas co servizo contratado, para o que poderiamos poñernos en contacto contigo a través de teléfono e correo electrónico. En ningún caso se tomarán medidas que che afecten de xeito individual e os teus datos persoais serán anonimizados.
Viaqua considera que esta finalidade é compatible coa finalidade do servizo contratado, xa que existe unha relación entre ambas finalidades (realizamos enquisas de satisfacción para che poder fornecer un mellor servizo). Entendemos, por outro lado, que ti podes esperar razoablemente que a túa información persoal se trate para esta finalidade.
-
Xestionar o acceso e utilización da Oficina Virtual.
O tratamento destes datos baséase na existencia dunha relación contractual contigo.
- Realizar enquisas non relacionadas co servizo para coñecer a percepción que tes sobre Viaqua ou sobre o Grupo al que pertenece, mentres dure o teu contrato e sempre que nos outorgues o teu consentimento. A información que facilites utilizarase exclusivamente para obter valores estatísticos ou agregados.
O tratamento dos datos con esta finalidade baséase no teu consentimento.
- Ofrecerche ou remitirche información comercial relacionada cos servizos contratados que xestiona Viaqua, así como sobre actividades e eventos relativos a este sector, sempre que nos outorgues o teu consentimento. Se nos autorizas ao respecto, poderemos enviarche estas comunicacións promocionais, incluso por medios electrónico. O tratamento dos datos con esta finalidade baséase no teu consentimento.
O tratamento destes datos baséase na existencia dunha relación contractual contigo.
- Elaboración dun perfil sobre ti mediante a realización dun seguimento continuo do teu consumo, así como utilizar outros datos que nos facilitaras, para che ofrecer promocións e servizos personalizados relacionados co sector da auga e sempre que nos outorgues o teu consentimento. Para iso utilizaranse, entre outros, os teus datos de telelectura, permitindo entre outras cousas coñecer en tempo real o consumo de auga que realizas.
O tratamento dos datos con esta finalidade baséase no teu consentimento.
Con quen compartimos os teus datos?
Viaqua conta con varios provedores que a asisten na execución de diferentes tarefas relacionadas co servizo contratado. A modo de exemplo, Viaqua conta con entidades que a asisten con cuestións tecnolóxicas tales como o almacenamento da información, a realización de telelecturas ou a detección de fraudes no consumo de auga. Tamén é asistida por outras entidades para a xestión de faltas de pagamento, o fornecemento dos servizos de atención ao cliente, a realización de enquisas de satisfacción ou a impresión, ensobrado e distribución de facturas.
Viaqua comunicará os teus datos persoais ás seguintes entidades (consultar detalle) que, entre outros, poderán utilizalos para:
Entidad |
Finalidad |
Esta cesión es legal… |
---|---|---|
Concellos do ámbito no que Viaqua fornece os servizos do ciclo integral da auga. |
Para que o Concello poida aprobar a tarifa de sumidoiros. |
Ordenanza do Concello reguladora da tarifa de sumidoiros. (Ordenanza accesible na web de cada municipio). |
Concellos do ámbito no que Viaqua fornece os servizos do ciclo integral da auga. |
Para que o Concello poida aprobar a tarifa de depuración. |
Ordenanza do Concello reguladora da tarifa de depuración.(Ordenanza accesible na web de cada municipio). |
Concellos do ámbito no que Viaqua fornece os servizos do ciclo integral da auga. |
Para que o Concello poida aprobar a tarifa de auga. |
Ordenanza fiscal do Concello reguladora da tarifa de auga. (Ordenanza accesible na web de cada municipio). |
Concellos do ámbito no que Viaqua fornece os servizos do ciclo integral da auga. |
Para que o Concello poida aprobar e recadar a taxa de residuos sólidos urbanos ou equivalente. |
Ordenanza fiscal do Concello reguladora da taxa de residuos sólidos urbanos ou equivalente. (Ordenanza accesible na web de cada municipio). |
Servizos Sociais dos municipios nos que Viaqua fornece o servizo. |
Para analizar a condición de persoa consumidora vulnerable polas súas características, necesidades ou circunstancias persoais, económicas, educativas ou sociais nunha especial situación de subordinación, indefensión ou desportección que lles impide o exercicio dos seus dereitos como persoas consumidoras. |
Estamos obrigados a solicitar esta información das Administracións dacordo coa Lei 4/2022, do 25 de febreiro, de protección dos consumidores e usuarios fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica e o Real Decreto lei 2/2022, do 2 de febreiro, onde se prorrogan determinadas medidas para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica. |
E.P.E. Augas de Galicia. |
Esta entidade necesita tratar os teus datos persoais para xestionar e recadar o pagamento do Canon da Auga e o Coeficiente de Vertedura. |
Estamos obrigados a realizar esta cesión pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. |
Durante canto tempo conservamos os teus datos?
Os teus datos conservaranse mentres manteñamos unha relación contractual contigo para poder xestionala adecuadamente. Unha vez finalizada tal relación, deberemos conservar os teus datos debidamente bloqueados durante un período adicional no que puidese existir calquera responsabilidade derivada do servizo de subministración de augas ou de cada finalidade.
En caso de que autorizaras o envío de comunicacións comerciais, manteremos os teus datos ata o momento en que nos solicites que queres deixar de recibir as nosas ofertas.
Os teus dereitos
De acordo coa normativa vixente de protección de datos podes exercer distintos dereitos:
- Solicitar acceso aos teus datos e obter unha copia deles.
- Pedir que se rectifiquen e/ou se supriman nalgúns casos.
- Opoñerte á elaboración de perfís personalizados.
- Solicitarnos limitar o tratamento dos teus datos.
- Pedir a portabilidade daqueles datos que facilitaras.
En todo momento, se consentiches o envío de comunicacións comerciais, a realización de enquisas non relacionadas co servizo ou a elaboración de perfilado, tes dereito a revogar ese consentimento.
Viaqua recoñéceche, ademais, o dereito a presentar unha reclamación ante o DPO en caso de que consideres que se fixo un tratamento incorrecto dos teus datos de carácter persoal. A túa reclamación investigarase de xeito confidencial e recibirás unha resposta do noso DPO.
Para exercitar os teus dereitos, podes poñerte en contacto connosco a través destes medios:
- Dirixíndonos unha carta por correo postal ao enderezo: Rúa José Villar Granjel, nº 33, 15890. Santiago de Compostela (A Coruña).
- A través do contacta da nosa Oficina Virtual https://www.viaqua.gal/contacta
- A través do correo electrónico dpo@viaqua.gal
En todo caso, como afectado ou interesado, podes presentar as denuncias que consideres oportunas ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agdp.es).