As persoas no centro da nosa xestión
Para Viaqua, ofrecer o mellor servizo sempre foi unha prioridade, apostando por un modelo de xestión que sitúa as persoas no centro do noso labor. Por iso, poñemos a disposición de toda a cidadanía unha atención multicanle que se adapte ás necesidades dos diversos tipos de clientes.
Neste proceso de mellora continua lanzamos o Programa CONTIGO, centrado en garantir que todos os clientes, sen excepción, poidan acceder aos nosos servizos e, sobre todo, asegurar unha boa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade. O Programa CONTIGO ten como obxectivo identificar as barreiras dixitais, de comprensión, de accesibilidade ou económicas, e ofrecer “solucións excepcionais para situacións excepcionais”.