Descubre o noso programa de Bolsas "Talento Mozo"!
En Viaqua, e da man de Agbar, buscamos facilitar o acceso á universidade de mozos e mozas brillantes, independentemente dos seus recursos económicos. Por iso poñemos en marcha en Santiago de Compostela o programa de Bolsas "Talento Mozo", destinado a fomentar o acceso universitario de mozos cun alto rendemento escolar nunha contorna económica compleza que lles dificulta o acceso á universidade.
O programa de Bolsas "Talento Mozo" ten como obxectivo principal a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento de talento nunha sociedade máis equitativa e sostible. Preferentemente, céntrase en carreiras de ámbitos STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas), xa que son áreas cun gran potencial de desenvolvemento e requiren de profesionais altamente cualificados.
As Bolsas “Talento Mozo” ofrecen:
- Unha axuda económica que cobre o 100% do importe da matrícula non fose cuberto pola bolsa solicita ao Ministerio de Educación e Formación Profesional para os estudos de grao universitario, así como o 100% das taxas asociadas
- A cobertura de gastos directos derivados dos estudos, cun importe máximo de 1.500€ anuais
- Un acompañamento individual pedagóxico, psicosocial e grupal entre todas as persoas bolsadas polo programa "Talento Mozo" coa finalidade de potenciar o desenvolvemento motivacional e competencial
Para poder beneficiarse das axudas das Bolsas “Talento Mozo”, é necesario cumprir os seguintes requisitos:
- Acceder por primera vez a estudos universitarios
- Contar cunha media de calificacións de bacharelato ou ben de ciclo formativo superior a 8,5
- Residir en Santiago de Compostela
- Solicitar acceso á universidades públicas ubicadas en Galicia
- Realizar o trámite de solicitude de Bolsa para o estudo de grao do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 23-24
- Ser titular dunha conta bancaria
Para máis información:
- Consulta as bases do programa
- Para postular, descarga o formulario de solicitude e envíao cumprimentado a becasjovenestalentos@viaqua.gal
- Ante cualquera dúbida, contacta con becasjovenestalentos@viaqua.gal
Cara a igualdade de oportunidades
O programa de Bolsas “Talento Mozo” enmárcase no compromiso adquirido ao adherirnos á "Alianza País Pobreza Infantil Cero" para loitar contra as desigualdades e a pobreza que afecta a nenos e nenas adolescentes en situación de vulnerabildiade. En particular, grazas a esta iniciativa, dende Viaqua contribuímos a garantir unha educación inclusiva e de calidade para impulsar o logro educatio.
Non perdas a ocasión de formar parte do programa de Bolsas "Talento Mozo" e descubre todo o que podemos facer por ti!