Traballando cara a un desenvolvemento sostible
En Viaqua somos conscientes de que a nosa actividade está directamente relacionada coa calidade de vida das persoas. Por tanto, en cada unha das nosas decisións tentamos aplicar os seguintes principios:
- Excelencia
- Innovación
- Diálogo
- Desenvolvemento de negocio sostible
- Desenvolvemento local
Para conseguir este obxectivo temos unha política de xestión integrada baseada nos tres eixos do desenvolvemento sostible: social, ambiental e eficiencia.
Contamos con certificacións aliñadas cos nosos esforzos por dar un servizo de calidade e prover un ambiente de traballo óptimo e seguro para os nosos empregados.
-
Certificado de calidade
Viaqua dispón dun sistema de xestión da calidade que engade valor á organización e proporciona un marco de referencia para establecer obxectivos nos seguintes ámbitos do seu alcance:
O abastecemento de auga potable e os servizos de xestión asociados (compra, captación, potabilización, almacenamento, distribución, mantemento, contratación, lectura de contadores, facturación, cobro e atención ao cliente), a recolección, depuración e verteduras de augas residuais, análise e control da calidade da auga de consumo humano, auga de piscinas e auga residual e lodo. A elaboración de estudos, anteproxectos e proxectos de enxeñería básica e de detalle do ciclo integral da auga. Xestión de instalacións municipais e de lecer.
O sistema de xestión da calidade en Viaqua está certificado en base á norma UNE-EN-ISO 9001:2015.
-
Certificado ambiental
Viaqua dispón dun sistema de xestión medioambiental a través do cal se asegura o cumprimento dos requisitos legais medioambientais aplicables ao fornecemento do servizo, así como do seu compromiso explícito coa sociedade e o medio, a preservación da biodiversidade e a prevención da contaminación.
A implantación deste sistema de xestión medioambiental é esencial xa que nos axuda a controlar, mediante a súa redución ou eliminación, os impactos que producen as nosas actividades no medio ambiente, logrando unha empresa moito máis sostible, favorecendo o desenvolvemento de tecnoloxías limpas, mellorando o manexo de todos os aspectos ambientais e o cumprimento da lexislación ambiental vixente. A implantación de normas internacionais de xestión ambiental, como a Norma ISO 14001, promove o coidado do aire, a auga e a calidade do solo, e representa unha grande contribución aos esforzos mundiais destinados a conservar o ambiente no que vivimos.
O sistema de xestión medioambiental en Viaqua está certificado en base á norma UNE-EN-ISO 14001:2015.
-
Certificado de xestión da enerxía
A enerxía é un compoñente crítico das operacións da nosa organización e dependendo das actividades pode ser un dos meirandes custos controlables. A mellora do desempeño enerxético axúdanos a maximizar o uso das nosas fontes de enerxía e dos nosos bens relacionados coa enerxía, reducindo así tanto o custo coma o consumo de enerxía. A ISO 50001 proporciona un marco de referencia para que desde a nosa organización fagamos contribucións positivas cara á redución do esgotamento dos recursos enerxéticos e a mitigación dos efectos mundiais do consumo de enerxía, tales coma o quentamento global, ao mesmo tempo que mellora a eficiencia organizativa das operacións relacionadas coa enerxía. O sistema de xestión da enerxía en Viaqua está certificado en base á norma UNE-EN-ISO 50001:2011.
-
Certificado de seguridade e saúde laboral
Viaqua dispón dun sistema de xestión de seguridade e saúde laboral certificado desde 2007, mediante o cal se asegura a mellora continua na aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención dos riscos derivados das actividades dos traballadores, así como o cumprimento da regulamentación vixente. Isto contribúe a crear un ambiente de traballo adecuado, con condicións de traballo xustas, onde os traballadores poden desenvolver a súa actividade con dignidade e onde é posible participar na mellora das condicións de seguridade e saúde. O sistema de xestión de seguridade e saúde laboral en Viaqua está certificado en base á norma ISO 45001:2018.
-
Certificado de seguridade alimentaria
A seguridade alimentaria é un concepto que implica que os alimentos non causen dano ao consumidor cando se preparan e/ou consomen, de acordo co uso previsto. A seguridade alimentaria refírese á existencia de perigos asociados aos alimentos no momento do seu consumo. Como a introdución de perigos para a inocuidade da auga no noso caso pode ocorrer en calquera punto da cadea de produción, é esencial un control adecuado a través de toda a cadea. Así, a inocuidade da auga está asegurada a través da combinación de esforzos de todas as partes que participan no proceso. O sistema de inocuidade en Viaqua está certificado en base á norma UNE-EN-ISO 22000:2018.