- Imprimir |
Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información sobre a súa actividade, Viaqua decidiu difundir, a través de internet, determinada información sobre a contratación que realiza.
Neste apartado Viaqua poderá incluír calquera datos e informacións que considere relevantes en relación coa súa actividade contractual, tales como o marco contractual xeral, condicións xerais, requisitos mínimos para poder ser contratista da sociedade, procedementos de contratación en curso e a documentación relativa a estes e, en xeral, calquera información que considere de utilidade xeral ou sexa relevante a tales efectos, como puntos de contacto e medios de comunicación que poden utilizarse para relacionarse coa sociedade no referente a contratación.