A orixe da auga potable
A maioría dos recursos hídricos dispoñibles para o abastecemento de auga de consumo humano nos municipios onde fornecemos servizo proveñen de embalses, mananciais, pozos e abastecementos de auga en alta.
Unha vez que a auga é captada, facémola chegar ás diversas instalacións de tratamento e posteriormente distribuímola polas redes ata chegar coa máxima calidade aos fogares dos cidadáns.
Tratamos a túa auga
A auga bruta captada que chega á estación de tratamento de auga potable (ETAP) contén materia orgánica, inorgánica e microorganismos (patóxenos e non patóxenos). A consecuencia disto, a auga adoita ter color e turbidez que impiden que poida consumirse directamente.
Na ETAP, a través de diferentes procesos (desbaste, floculación e decantación, filtración e desinfección) convértese en apta para o consumo, ou, o que é o mesmo, potable.