FP Dual da auga, a mellor opción formativa para un emprego de calidade
A Formación Profesional Dual é unha modalidade de FP na que o estudante combina a formación no centro educativo coa actividade na empresa, aprendendo contidos e temáticas en conexión directa coa realidade da profesión. Esta modalidade de formación dual ten como obxectivo crear emprego de calidade, onde un empregado con formación solvente ten a capacidade de proporcionar un maior valor no seu desempeño a curto prazo, pero tamén a medio prazo pola capacidade de aprender continuamente.
En Viaqua promovemos esta modalidade formativa desde o ano 2017, cando comezamos a colaboración coa Xunta de Galicia e o CIFP Politécnico de Santiago de Compostela. Recentemente incrementamos a oferta coa posta en marcha en colaboración co CIFP Ferrolterra do ciclo dual de redes e estacións de tratamento de augas. Un exemplo de colaboración público-privada e establecemento de alianzas que suma o coñecemento específico das empresas operadoras coa planificación dunha oferta formativa axustada ás demandas profesionais do sector e da sociedade.
As persoas que realicen a FP Dual da auga contarán cunha formación especializada, o que implica o dominio de ferramentas adaptadas á realidade laboral actual, facilitando a eficiencia e mellora continua.
Coa FP DUAL, implicámonos no impulso dun novo modelo de formación máis aló da formación das prácticas tradicionais, imapartiendo contidos con valor curricular no posto de traballo.
O alumnado benefíciase dunha formación especializada e valorada polo mercado laboral, e ten a posibilidade de compatibilizar a formación coa práctica retribuída.
É un modelo educativo clave para combater o desemprego xuvenil e favorecer a recuperación económica, xa que conta cunha cociente de inserción laboral superior ao 70% entre os mozos de menos de 25 anos. O éxito deste modelo educativo, baseado na colaboración entre administracións públicas, centros educativos e as empresas, permite axuntar emprego, talento e produtividade.
-
Cando empeza a seguinte edición?
A vindeira edición da FP Dual da auga comezará en setembro de 2025 no CIFP Politécnico de Santiago. A matrícula realízase no centro, na nosa web podes consultar as datas definitivas de matriculación.
-
Que se aprende a facer?
Realizar a montaxe, a operación e o mantemento de redes de auga, así como operar e manter os equipamentos e as instalacións de estacións de tratamento de augas, aplicando a normativa vixente e protocolos establecidos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais así como asegurar a súa funcionalidade e respecto polo medio ambiente.
-
Cando me podo inscribir?
Ofertaránse 15 prazas. O prazo de inscrición poderán consultarse na web da Xunta de Galicia e na nosa web.
-
Onde me podo matricular?
Os interesados e interesadas deberán realizar a matrícula na web: http://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp