Ética e cumprimento

Os nosos valores

Código Ético
 

En Viaqua dispoñemos dun Código Ético que define os valores da nosa organización, constituíndo unha referencia en todas as nosas conductas e accións, tanto individuais como colectivas. 

Estes valores ético foron sempre unha parte central da estratexia e desenvolvemento de Viaqua. 

No contexto actual faise máis indispensable ca nunca para a empresa actuar con responsabilidade e ética nas súas actividades, de cara a tódolos grupos de relación.

Código Ético


Canle Ética

 

En  Viaqua implantamos unha Canle Ética para comunicar de xeito confidencial, e anónimo se así se desexa, actos contrarios á lexislación vixente, ás normas internas da sociedade e/ou ao seu código ético.  

Esta Canle Ética cumpre con todos os requisitos establecidos pola Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. Toda a información proporcionada será tratada de xeito confidencial.  

As comunicacións deberán realizarse contactando co oficial de cumprimento (compliance officer) por calquera dos seguintes medios:  

  • A través da canle dixital mediante esta ligazón:  

Canle Ética

A través da ligazón tamén se pode solicitar unha entrevista persoal ou telefónica.

  • Por correo postal (indicar CONFIDENCIAL no asunto):  C/ Rua Jose Villar Granjel 33 - 15890 Santiago de Compostela