Distribución da auga en Viaqua
Os sistemas de abastecemento de auga potable nos municipios nos que estamos presentes están formados por redes de distribución que conducen a auga ata os fogares dos cidadáns.
As nosas instalacións:
- Subministramos máis de 66.000.000 m3 anuais a máis de 40 núcleos de Galicia.
- Contamos cunhas redes de distribución de auga potable de máis de 6.400 km de lonxitude.
- Existen máis de 500 puntos de control da calidade da auga ao longo das nosas redes de distribución para asegurar a máxima calidade da auga de consumo.
Durante os últimos anos, fomos eliminado paulatinamente o fibrocemento existente nas redes tal e como marca a lexislación vixente, substituíndoo na súa meirande parte por polietileno e fundición dúctil, materiais moito máis actuais, que ofrecen ademais melloras en durabilidade e salubridade.
Sistema de información xeográfica (GIS)
Desde Viaqua traballamos para implantar o sistema de información xeográfica (GIS) no territorio. Esta ferramenta permite facer un uso máis sostible da nosa rede de subministración, mellorando así os procesos de lectura e facturación ao cidadán.