Dende Viaqua queremos sensibilizar á poboación non só do custo económico dos problemas derivados do uso dos sumidoiros como papeleira senón tamén dos ambientais, xa que eses residuos poden acabar chegando aos ríos e mares e entrando na cadea alimenticia da que todos formamos parte. Por iso, da man do Concello de Santiago de Compostela, e en colaboración co sector da hostalaría e comercio da cidade, facemos un chamamento á poboación que non bote ningún tipo de desperdicio, lanzando a campaña de concienciación: Nos sumidoiros só auga de chuvia!
Vale, igual agora estaste preguntando, que é un sumidoiro? Para que serve? A función principal dun sumidoiro é recoller a auga da chuvia. En función da rede á que estea conectado, esa auga ten diferentes destinos. Se a rede é separativa, é dicir, non está unida á rede de saneamento, esa auga devólvese ao cauce dos ríos, no caso de Santiago ao Sar, Sarela e afluentes, e se a rede é unitaria conéctase á de saneamento e chega a bombeos e plantas depuradoras.
Entón, chegados a este punto, que pasa cando tiramos residuos polo sumidoiro? Pois que, en moitos casos, acaban directamente devoltos ao medio sen pasar por un tratamento previo.
Seguro que en máis dunha ocasión viches empregar os sumidoiros como papeleira. É habitual ver arredor cabichas, latas, plásticos, ou mesmamente a auga que se usa logo de fregar. En casos máis extremos chéganse a tirar pinturas ou aceites que contaminan milleiros e milleiros de litros de auga. Tirar estes elementos nos sumidoiros pode provocar atascos, malos olores nas rúas e contaminación nos mares e ríos.
Como sociedade, temos que ser conscientes que os nosos xestos teñen consecuencias. Aínda que pensemos que por unha vez non pasa nada ou por facelo só unha persoa non vai ser peor, o mellor comportamento que podemos adoptar é tomar conciencia de que temos que coidar do planeta e que cada xesto conta. Coidando da saúde do planeta, estaremos coidando da nosa saúde. Como podemos facelo? Adoptando uns sinxelos xestos:
5 XESTOS A EVITAR PARA OS SUMIDOIROS COIDAR
- Tirar cabichas. Unha cabicha contamina 50 litros de auga.
- Arroxar a auga con lixivia ou deterxentes logo de fregar. Mata a fauna dos ríos.
- Verter produtos como aceite ou pintura. 1 litro de aceite contamina 1.000 litros de auga.
- Tirar papeis ou plásticos. Acaban convivindo coa fauna dos nosos ríos e mares.
- Varrer as follas, papeis e residuos en xeral cara os sumidoiros. Provocan grandes atascos.
Descargar os materiais da campaña “Nos sumidoiros só auga de chuvia!”
- Cartel “Nos sumidoiros só auga de chuvia”
- Cartel “5 xestos a evitar para os sumidoiros coidar”
- Post redes sociais “1 cabicha contamina 50 litros de auga”
- Post redes sociais “Arroxar a auga con lixivia ou deterxentes logo de fregar mata a fauna dos ríos”
- Post redes sociais “1 litro de aceite contamina 1.000 litros de auga”
- Post redes sociais “Os papeis e plásticos acaban convivindo coa fauna dos nosos ríos e mares”
- Post redes sociais “Varrer as follas, papeis e residuos en xeral cara os sumidoiros provocan grandes atascos"