- Imprimir |
Auga de calidade
En Viaqua tomamos moi en serio a túa saúde e a do noso medio ambiente. Garantímosche que a auga que recibes no teu fogar cumpre todos os requisitos legais, ofrece a máxima seguridade para o consumo e supera os máis exhaustivos controis de calidade.
A lexislación da Unión Europea e a española determinan a calidade que debe ter a auga da billa mediante o Real decreto 3/2023, do 10 de xaneiro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga de consumo, o seu control e subministración. De xeito consensuado coa autoridade sanitaria, en Viaqua elaboramos o Plan de Control Analítico, que establece a frecuencia e os parámetros a analizar, garantindo o pleno cumprimento do Programa de Vixilancia Sanitaria da auga de consumo autonómico.
Para garantir a calidade da auga e que sexa totalmente segura para o consumo humano, en Viaqua realizamos múltiples análises e controis en laboratorios acreditados e certificados que permiten asegurar a máxima fiabilidade dos resultados. Os datos son enviados ao Ministerio de Sanidade e publicados no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo (SINAC).
Cómpre lembrar que a responsabilidade de velar pola calidade da auga da billa é múltiple, contando coa implicación do Ministerio de Sanidade, das autoridades sanitarias das comunidades autónomas, dos concellos, da empresa subministradora e de cada propietario das instalacións interiores do seu inmoble.