Cetaqua, Centro Tecnolóxico da Auga, representa un modelo pioneiro de colaboración entre a administración, a universidade e a empresa.
Este modelo consolidouse como un referente europeo na aplicación do coñecemento científico á auga e ao medio ambiente. A nosa misión é anticipar as necesidades da sociedade para propoñer novas solucións de I+D+i có fin de asegurar a sustentabilidade e eficiencia do ciclo da agua, tendo en conta as necesidades locais.
O ecosistema Cetaqua está formado por 4 centros Cetaqua que están en: Barcelona, Galicia, Andalucía e Chile que comparten a misma estratexia e traballan en colaboración.
Cetaqua Galicia foi cofundada en 2011 como Fundación Centro Galego de Investigacións da Agua por Viaqua, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Cetaqua Galicia está acreditado como Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica (CAIT), o primeiro en España adicado en exclusiva á auga e ao medioambiente. Ademais grazas a haber optimizado os procesos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica baseándonos en estruturas coñecidas de sistemas de xestión, recibimos o Certificado do Sistema de Xestión da I+D+i (UNE 166002) por parte de AENOR.
As líneas estratéxicas nas que Cetaqua Galicia traballa son: