Axuda

  • Pódese beber a auga da billa?

    Sen dúbida ningunha. A auga da billa é potable, ou sexa, auga que poden inxerir as persoas sen risco para a súa saúde.

  • Se a auga da miña casa, de repente, ten unha aparencia, sabor ou olor desagradable, pódese beber?

    No caso de que, de xeito puntual, a túa auga saia turbia, cun sabor ou olor desagradables, recomendámosche que te poñas en contacto co noso servizo de atención ao cliente.

  • É necesario instalar dispositivos domésticos como os descalcificadores ou filtros de ósmose inversa para mellorar a calidade da auga?

    A auga da billa é potable e cumpre todas as normativas de calidade establecidas pola lexislación. Por iso, non é preciso adquirir ningún dispositivo adicional para tratar esta auga. Si que hai que sinalar que se non se elixen adecuadamente estes dispositivos, non se controlan regularmente e non se fai o mantemento recomendado, poderían aparecer riscos para a saúde (contaminación por bacterias, desmineralización excesiva da auga, concentracións elevadas de sodio, etc.).

  • Que é o cloro?

    O cloro é o desinfectante de auga máis utilizado no mundo, pola súa efectividade e fiabilidade para eliminar todo tipo de microbios nocivos que poidan conter a auga, as tubaxes de subministración ou os depósitos de almacenamento. O cloro que se engade á auga de consumo humano é unha dose mínima de garantía sanitaria –marcada pola lexislación– totalmente inofensiva para a saúde das persoas.

    Por iso, a Organización Mundial da Saúde (OMS) recoméndao como desinfectante máis indicado para a auga.

    De feito, a cloración da auga potable é un dos avances máis significativos na protección da saúde pública.

  • Por que a cloración é a técnica desinfectante máis utilizada no mundo para facer potable a auga?

    Porque é o método que mellor garante a desinfección da auga ata que esta chega ás billas dos consumidores, impedindo que proliferen os axentes patóxenos nos depósitos de almacenamento e as tubaxes de subministración, e pola súa máis que comprobada inocuidade nas concentracións empregadas. Por iso, a Organización Mundial da Saúde (OMS) recoméndao como o desinfectante máis indicado para a auga.

  • Que cantidade de cloro contén a auga da billa?

    Segundo a normativa estatal vixente (Real decreto 140/2003), transposición da Directiva europea 98/83/CE, a concentración de cloro na auga para consumo humano non debe superar 1 mg/l, se ben se trata dun parámetro indicativo. Aínda que a lexislación estatal non establece ningún valor mínimo para o cloro libre, diferentes comunidades autónomas téñeno fixado a través dos seus plans de vixilancia, na maioría dos casos, nun valor de 0,2 mg/l.

    Tendo en conta que o cloro desaparece en función do tempo de residencia na auga e da temperatura, entre outros factores, o seu nivel contrólase por toda a rede de distribución. Dese xeito, se durante o percorrido ata os fogares dos consumidores o nivel deste compoñente baixa do límite indicativo establecido, desde a propia rede de distribución dosifícanse pequenas cantidades de cloro (recloracións) para garantir a calidade sanitaria da auga.

  • É prexudicial para a saúde?

    A OMS sinala que, nas concentracións establecidas pola lexislación, o cloro é totalmente inofensivo para a saúde. As concentracións máximas deste compoñente na auga da billa establecidas por esta organización garanten que non supoña risco ningún para a saúde.

    De feito, a cloración da auga potable é un dos avances máis significativos na protección da saúde pública xa que, polo seu alto poder letal contra bacterias e outros microorganismos, contribuíu a previr e erradicar moitas doenzas de transmisión hídrica. A presenza dunha dose correcta de cloro despois do tratamento da auga non comporta risco ningún para a saúde e confire á auga un efecto de protección ante contaminantes, ademais de ser un indicador da súa correcta desinfección.

  • Por que eu noto un sabor que non me gusta na auga e outras persoas non?

    A auga contén certas substancias disoltas, que se incorporaron na natureza, que lle confiren un sabor característico. Isto é o natural. Estas substancias disoltas dependen principalmente, entre outros factores, da orixe da auga (subterránea, superficial ou mariña) e da composición xeolóxica do terreo polo que discorre a auga.

    O sabor nótase ao cambiar de tipo de auga, pois pasamos dunha auga á que estamos afeitos a outra á que non o estamos.

  • Que orixina a dureza da auga?

    A auga adquire o calcio e magnesio que determinan a súa dureza no seu contacto cos distintos tipos de terreos polos que circula o río ou o acuífero de onde procede. Polo tanto, o grao de dureza da auga depende do carácter xeolóxico do solo que atravesa na súa orixe. Así, un solo calcario xera maiores contidos de cal que un solo granítico.

  • As augas duras son boas para a saúde?

    A dureza da auga da billa non supón perigo ningún para a saúde humana, senón todo o contrario: o calcio e o magnesio que caracterizan a dureza da auga son esenciais para a saúde.

    Unha dieta rica en calcio é fundamental para a formación e o mantemento do tecido óseo, o funcionamento correcto do sistema cardiovascular e a secreción de hormonas. Coa idade, pódese producir unha perda de masa ósea e aparecen problemas de osteoporose, que se poden paliar, en parte, cunha inxestión elevada de calcio.

    Na actualidade, a auga converteuse nunha fonte significativa de inxestión de calcio, considerando que o consumo de lácteos diminuíu. Así, o consumo diario de entre 1 e 1,5 litros de auga da billa achega entre un 7% e un 15% da cantidade diaria recomendada deste nutriente. Ademais, o calcio desempeña un papel importante desde o punto de vista dos requirimentos nutricionais diarios dos nenos, e estímase que a auga da billa aporta entre o 15% e o 20% do calcio diario necesario na dieta dos nenos e os adolescentes.

    O magnesio é indispensable para numerosas funcións celulares, así como para a mineralización ósea, a transmisión da actividade neuromuscular e do sistema nervioso central e a función cardíaca. Unha inxestión de entre 1 e 1,5 litros de auga da billa de Viaqua achega entre un 5% e un 20% da cantidade diaria recomendada de magnesio.

  • Como se mide a dureza da auga?

    A dureza da auga adóitase expresar a través da concentración de carbonato cálcico (CaCO3) da auga.

    Por iso, segundo o grao de dureza, existen diferentes clasificacións das augas. Unha das máis utilizadas é a escala Merck:

    0 – 79 mg CaCO3/l…………………………. Auga moi branda
     80 – 149 mg CaCO3/l……………………  Auga branda
    150 – 329 mg CaCO3/l…………………… Auga semidura
    330 – 549 mg CaCO3/l…………………… Auga dura
    Más de 550 mg CaCO3/l……………….. Auga moi dura

    A dureza da auga tamén se pode expresar en graos franceses (ºFH) ou en graos alemáns (ºDH). A equivalencia entre estas unidades e a dureza expresada en mg/l de carbonato cálcico é a seguinte:

    1 ºFH = 10 mg CaCO3/l
    1 ºDH = 17,8 mg CaCO3/l

  • Preciso saber a dureza da auga para programar o lavalouza, onde a podo consultar?

    Todos os datos referentes á auga que consumes atópanse na Web pública do Sistema de Información Nacional da Auga. Tamén podes atopar o enlace na nosa web no apartado A Túa Auga / Control da calidade da auga


  • É suficiente con 1,5 litros de auga ao día?

    É difícil establecer a cantidade exacta de auga que ten que beber unha persoa ao día, xa que as necesidades adoitan variar en función de varios factores, como a actividade física, o clima, a idade e o sexo, entre outros.

    Recoméndase que unha persoa adulta sa consuma 1 ml de auga por cada quilocaloría que inxire ao día, é dicir, entre 2 e 3 litros de auga diariamente.

    Desta cantidade, entre un 75% e un 80% ten que obterse das bebidas (basicamente, auga, leite, zumes, infusións, caldos, etc.), mentres que o 20% ou o 25% restante ten que proceder de alimentos sólidos, como froita e verdura.

  • Sabes como se recomenda comezar e rematar o día?

    Cando durmimos perdemos auga. Por iso é recomendable beber polo menos un vaso antes de deitarse e outro ao erguerse.

  • Por que é importante estar ben hidratados?

    Cando transpiramos, o noso corpo perde auga e sales minerais. O 99% da nosa suor non é máis ca auga, pero tamén contén minerais como sodio, potasio, ferro e magnesio.

    Unha boa hidratación permítenos recuperar os valores de auga necesarios para o organismo e evitar certos trastornos como vómitos, dores de cabeza, cansazo, pel seca, etc., síntomas característicos da deshidratación.

  • Sabes por que non debemos agardar a ter sede para beber auga?

    Hai que compensar canto antes mellor a perda de auga que sofre o corpo diariamente (máis de 2 litros) para evitar que empece o proceso de deshidratación.

    Por iso é moi importante que non agardemos a ter a sensación de sede para beber auga, xa que este síntoma é unha característica propia da deshidratación.

  • Temos que beber máis auga cando facemos exercicio?

    É fundamental beber medio litro de auga dúas horas antes de facer exercicio para ter unha boa hidratación e deixar tempo ao corpo para que elimine o excedente.

    Durante o exercicio, é recomendable hidratarse a intervalos regulares para repoñer toda a auga que se perde coa suor. Despois de facer exercicio, é esencial beber auga para recuperarse adecuadamente.

  • A auga da billa é boa para un atleta de elite?

    Si, a auga da billa é boa para un atleta de elite e para calquera persoa que faga deporte.

  • Os nenos poden beber auga da billa?

    A auga da billa é saudable para adultos e para nenos e as nenas. É importante que os nenos e as nenas realicen paradas obrigatorias nos adestramentos ou xogos para beber a cantidade de auga suficiente e hidratarse.

  • As persoas maiores teñen que hidratarse máis?

    No caso das persoas maiores, é fundamental controlar o consumo de auga, xa que coa idade prodúcense cambios na función renal e unha diminución importante da sensación de sede.

  • Sabías que se recomenda beber máis auga se temos a gripe ou diarrea?

    O arrefriado común, a gripe e as diarreas levan frecuentemente á deshidratación, polo que nestes estados é necesario beber auga regularmente.


  • Por que é mellor ducharse que bañarse?

    É mellor ducharse porque en cada minuto que pasamos debaixo da ducha coa billa aberta podemos gastar ata uns 10 litros de auga.

  • Que plantas son as que requiren un menor consumo de auga?

    As plantas que requiren un menor consumo de auga son os arbustos, as plantas autóctonas e as resistentes. Son plantas igualmente bonitas e consomen menos auga.

  • Cal é a mellor hora para regar o xardín?

    A primeira hora da mañá ou á tardiña, xa que aproveitamos máis a auga porque non se evapora tan rapidamente.

  • Despois de cociñar, onde boto o aceite?

    Aconséllase retirar o aceite da tixola con papel absorbente e botalo ao lixo, ou ben recollelo, unha vez frío, nun envase de plástico hermético e levalo a un punto de recollida para que poida ser reciclado. Non o botes polo vertedoiro porque o aceite e a auga non se mesturan e resulta moi difícil eliminalo nas depuradoras.

  • Por que non se recomenda botar pintura polo vertedoiro?

    Non se recomenda porque a pintura é un material moi contaminante. Aconsellámosche que a deixes secar ata obter unha masa sólida e que a leves aos centros de recollida municipais.

  • E as cabichas dos cigarros, podémolas botar polo inodoro?

    Non botes as cabichas polo inodoro porque conteñen nicotina e alcatrán, substancias que se disolven facilmente na auga e que son contaminantes, mesmo en pequenas concentracións, e resulta moi difícil eliminalos no proceso de depuración. Bota os restos dos cigarros ao lixo unha vez estean ben apagados.

  • Que outros materiais non convén botar polo inodoro?

    As toalliñas húmidas, os medicamentos, os bastonciños, os plásticos, as gasas, as compresas e os preservativos non se deben tirar polo inodoro, xa que se se botan ao váter poden obstruír os canos e afectar á entrada da auga residual nas depuradoras. Aconsellámosche que coloques un pequeno contedor no baño para botar estes residuos sólidos.


  • Onde podo consultar as tarifas de aplicación no meu municipio?

    No apartado  “Tarifas” podes acceder á información específica do teu municipio. Alí podes consultar as tarifas vixentes, así como as posibles bonificacións que haxa dispoñibles.

    Así mesmo, no pé de páxina das facturas periódicas dispós da información sobre a publicación das tarifas nos boletíns oficiais da provincia, para consultar na propia web oficial.

  • Na casa somos máis de 4 persoas, podo obter algunha bonificación?

    No apartado  “Bonificacións e fondo social” podes consultar a posible existencia de bonificacións aplicables en función do número de usuarios do domicilio de subministración. Así mesmo, para os casos nos que proceda a súa aplicación, é necesario realizar unha solicitude fidedigna por parte do/da titular do contrato ou persoa autorizada, presentando a documentación correspondente, conforme á información incluída no apartado da web anteriormente indicada.

    En caso de dúbida, contacta connosco a través das  canles de atención ao cliente.

  • Estou censado no meu municipio, podo ter algunha bonificación?

    A condición da persoa censada no municipio non implica a aplicación dunha tarifa bonificada, así mesmo podes consultar no apartado “Bonificacións e fondo social" a existencia doutras bonificacións aplicables. En caso de dúbida, pregámosche que te poñas en contacto connosco a través das nosas canles de atención ao cliente.

  • Que axudas ou bonificacións podo ter?

    Podes consultar no apartado “Bonificacións e fondo social” a existencia de axudas, tarifas reducidas ou bonificacións aplicables en función da situación social do/da titular do contrato (pensionista, familia numerosa ou renda mínima de inserción) aprobadas polo teu concello.

    Se desexas recibir máis información ou realizar calquera consulta, pregámosche que te poñas en contacto connosco, a través das  nosas canles de atención ao cliente.

  • Que fago se recibo un aviso de corte de subministración e non podo facer fronte á débeda?

    Contacta connosco a través das nosas canles de atención ao cliente e estudaremos o teu caso.

  • Pódenme cortar a subministración por falta de pagamento?

    As xestións de faltas de pagamento do servizo realízanse conforme ao establecido na normativa vixente, xa sexa no regulamento, ordenanzas, etc. Podes consultalo no apartado “Normativa do servizo”.

    No caso de que recibas unha notificación de aviso de corte, e non poidas facer fronte á túa factura, contacta connosco a través das nosas  canles de atención ao cliente, e estudaremos o teu caso.  

  • En que prazo se restablecerá a miña subministración?

    O servizo restablecerase como máximo ao seguinte día hábil despois de ter solucionado as causas que orixinaron a suspensión.

  • Por que outros motivos pode suspenderse a miña subministración?

    A entidade subministradora poderá suspender a subministración nos seguintes casos: A petición túa, por baixa definitiva da subministración. Podes facer esta xestión a través da nosa  área de clientes ou chamando ao noso teléfono de atención ao cliente. Por baixa de oficio, a requirimento da mesma entidade subministradora, por incumprimento dalgunha das obrigas por parte da persoa perceptora do servizo. • Algunhas das principais causas que poden motivar a suspensión son a falta de pagamento das facturas dentro dos prazos establecidos pola entidade subministradora, fraude ou reincidencia. Para máis información, podes consultar o apartado “Normativa do servizo”


  • Como podo consultar as miñas facturas?

    Sempre que queiras podes consultar as túas facturas a través da área de clientes. Recorda que para poder facer as túas xestións online debes estar rexistrado. Se aínda non o estás, podes darte de alta moi facilmente (ver como me rexistro na área de clientes).

  • Como podo pasarme á factura dixital?

    Debes estar rexistrado na Área Privada. Se aínda non o estás, rexístrate xa
    Se xa estás rexistrado na oficina da túa Área Privada, entra co teu usuario e contrasinal e accede á sección activar o servizo de Factura dixital. Cada vez que se emita unha factura, chegarache un aviso de dispoñibilidade a través do cal poderás descargala directamente.

  • Non entendo a factura da auga. Que é o que se paga exactamente?

    Os contratos de alta na subministración de auga potable están suxeitos ás tarifas correspondentes en base á lexislación vixente. Xeralmente, a factura do servizo adoita incluír as tarifas de auga, conservación do contador e sumidoiros, das que na grande maioría de casos o titular é a concesionaria do servizo. Por outro lado, tamén se inclúen taxas ambientais, en concepto de canons, cuxo titular é a comunidade autónoma, e por último tamén pode levar incluída a taxa do lixo, con titularidade municipal. Por todo isto, do importe final da factura, xeralmente entre o 35% e o 50% correspóndese coa tarifa da auga, repartíndose o resto entre impostos (IVE), tributos, etc.

    Así mesmo, na factura do teu domicilio de subministración inclúese tanto a información dos distintos conceptos de aplicación nos que poderás identificar a súa titularidade como a información das publicacións nos boletíns oficiais das tarifas que lle aplican, para a túa consulta en caso de que o estimes necesario.

    Se desexas recibir máis información ou realizar calquera consulta, ponte en contacto connosco, a través das nosas canles de atención ao cliente.

  • Quen aproba as tarifas da auga?

    O concello é o responsable de aprobar as tarifas do servizo aplicables ao municipio e a Comisión de Prezos é o organismo encargado de autorizalas. Unha vez aprobadas e autorizadas, as tarifas publícanse no boletín oficial correspondente.

  • Que é a cota de servizo?

    Esta cota garante a dispoñibilidade inmediata e o acceso permanente ao servizo de auga. É un importe fixo que se calcula segundo o caudal nominal (é dicir, a cantidade estándar de auga que pasa polo teu contador). Se desexas máis información sobre as tarifas e os diferentes tipos de vivenda, consulta a web da túa entidade subministradora.

  • Que é a cota de sumidoiros?

    A cota de sumidoiros recádana algunhas empresas subministradoras por conta dos concellos. Destínase á conservación e mantemento da rede de sumidoiros.

  • Cal é a periodicidade da factura da auga?

    De forma xeral, os consumos factúranse cada dous ou tres meses segundo o concello, por períodos de subministración vencidos, en cumprimento do Regulamento do servizo. O primeiro período cóntase desde a data de posta en servizo da subministración.

  • Podo solicitar un cambio de periodicidade ou frecuencia para a miña factura?

    Existe a posibilidade dunha modalidade de pagamento mensual (12 PINGAS), a través da cal cada mes págase unha cota fixa e ao cabo de 12 meses regularízase a situación en función da facturación real. Esta nova modalidade de pagamento non supón ningún cambio contractual. O contador lese e factúrase coa mesma regularidade de sempre. Podes revisar as condicións do plan e como contratalo no apartado correspondente da web

  • Recibín a factura da auga e facturáronme no tramo máis alto. Que quere dicir?

    A tarifa da auga inclúe unha cota fixa de servizo e unha cota variable de consumo; esta segunda aplícase por tramos de consumo, para incentivar un uso eficiente da auga, premiando os usos máis responsables e penalizando o uso excesivo da auga, a través da asignación dun prezo por m3, que se incrementa a medida que se vai superando cada tramo.

    Se desexas recibir máis información ou realizar calquera consulta, ponte en contacto connosco, a través das canles de atención ao cliente.

  • O meu consumo de auga é cero e aínda así estou a pagar cota de servizo. Por que?

    A tarifa da auga inclúe unha cota variable de consumo e cota fixa de servizo; esta segunda aplícase para garantir a dispoñibilidade inmediata e o acceso permanente ao servizo de auga e ten un importe fixo, por cada período de facturación, que se aplica segundo o tipo de diámetro do contador.

    Se desexas recibir máis información ou realizar calquera consulta, ponte en contacto connosco, a través das canles de atención ao cliente.

  • Necesito un duplicado de factura da miña subministración. A onde podería dirixirme?

    Podes facelo doada e rapidamente mediante a nosa área de clientes ou tamén a través do noso  teléfono de atención ao cliente.

  • A quen debo chamar se non teño ningún escape de auga pero penso que o meu consumo é máis elevado do habitual?

    Para descartar calquera tipo de escape, recomendámosche que verifiques toda a instalación interior da túa casa e tamén a situada na cámara de contadores de auga da finca (xeralmente, na entrada do edificio). Neste caso, a excepción do equipo de medición instalado, o mantemento, conservación e reparación do resto da instalación en caso de avaría ou escape corresponde o/a cliente ou á comunidade de propietarios da finca. Se tes calquera dúbida sobre a forma de revisar un posible escape na túa instalación interior ou da finca, chámanos ao noso teléfono de avarías (dispoñible 24 h ao día, 365 días ao ano). Así mesmo, se comprobaches que non hai ningún escape na instalación interior ou da finca, pero o teu consumo segue a ser máis elevado do habitual, chámanos ao teléfono de atención ao cliente e faremos todo o posible para che axudar.


  • Como podería pagar a miña factura de auga?

    Dispoñemos de varias canles de pagamento para que teñas a máxima flexibilidade:

    • Domiciliación bancaria: canle de pago máis fácil e cómoda utilizada pola maioría de clientes. Só tes que facilitarnos o número de conta bancaria en formato IBAN (2 letras, 2 números de control e 20 números máis) e o documento SEPA asinado. Domicilia agora os teus recibos comodamente a través da Área de Clientes..
    • Apartado “Pagamento de facturas” desta mesma web: pagamento online mediante tarxeta de crédito ou débito. Deberás dispoñer da seguinte información: código CPR, emisora, referencia, identificación e importe que se amosa na parte inferior da factura onda o código bancario de pagamento.
    • Teléfono de atención ao cliente.
    • Desprazándote a algunha das entidades colaboradoras que se amosan na parte inferior da factura, poderás pagar en metálico ou con tarxeta bancaria presentando o documento con código bancario de pagamento que che fixemos chegar.
    • Desprazándote ás nosas oficinas de atención ao cliente, onde só poderás pagar a través de tarxeta de crédito ou débito ou solicitar un documento de pagamento para pagar en efectivo nas nosas entidades colaboradoras.
  • Teño que ser cliente de La Caixa para poder pagar as miñas facturas a través de ServiCaixa?

    Non, non é necesario que sexas cliente desta entidade, nin tampouco que sexas usuario/a de Línea Abierta de La Caixa. Recorda que tamén poderás realizar o pagamento a través das nosas entidades colaboradoras, mediante a Oficina Virtual ou a través de La Caixa - Pagos Online, con calquera tarxeta de crédito (Visa/Mastercard) ou de débito.

  • A miña tarxeta bancaria ten que ser de La Caixa para poder realizar pagamentos en liña?

    Non, non é necesario que La Caixa sexa a entidade emisora da tarxeta. Só fai falla que teñas unha tarxeta de crédito activa (Visa / Mastercard) ou de débito.

  • O pagamento en liña ten algún custo para min?

    Non. Os pagamentos efectuados en liña non teñen ningún custo adicional.


  • Merquei a miña primeira vivenda. Teño que dar de alta a auga?

    Si, tes que a dar de alta e podes realizalo a través de calquera das canles de contacto que temos á túa disposición achegando a seguinte documentación:

    • DNI ou CIF ou NIE.
    • Cédula de habitabilidade ou cualificación definitiva, que é o documento que acredita que unha vivenda cumpre as condicións mínimas de habitabilidade que prevé a normativa vixente. Consulta aquí en que comunidades autónomas é imprescindible e en que casos.
    • Escritura de propiedade, contrato privado de compra ou contrato de aluguer para acreditar que es o inquilino ou propietario desa vivenda. Consulta aquí se no teu municipio a ordenanza non che impide a contratación se non es propietario da vivenda.
    • Datos de domiciliación bancaria (IBAN) e mandato SEPA do titular da conta no caso de que queiras domiciliar o recibo.
    • Certificado de instalación interior de auga.
  • Teño un local ou empresa. Que documentación necesito par dar de alta unha subministración?

    Como norma xeral necesitarás a documentación seguinte:

    • Escritura de propiedade ou opción de compra, ou certificado de compra ou aluguer expedido polo propietario ou administrador do inmoble. Consulta aquí se no teu municipio a ordenanza non che impide a contratación se non es propietario da vivenda.
    • Escritura de poder outorgada pola empresa ou entidade titular da subministración ao solicitante da contratación.
    • Copia do NIF/NIE do apoderado. Se o solicitante non é a persoa apoderada, xunto coa escritura de poderes tamén é necesario achegar unha carta de autorización cuberta e asinada polo apoderado da sociedade, para poder contratar en nome e representación dunha sociedade ou empresa.
    • NIF/NIE do solicitante. Epígrafe do imposto sobre actividades económicas.
    • Datos de domiciliación bancaria (IBAN) e mandato SEPA do titular da conta.
  • En que consiste o importe do contrato de subministración de auga?

    O contrato de subministración inclúe, segundo o caso, os gastos de contador e apertura do servizo, así como dereitos de subministración que se aboan unha soa vez ao asinar o contrato.

  • Canto tempo tardarei en ter auga despois de facer a alta de subministración?

    Tras facer a contratación, se a túa vivenda ou local ten conexión de auga e só hai que colocar o contador, terás auga nun máximo de 24 horas, sempre e cando a instalación reúna as condicións necesarias e nos facilites acceso ao emprazamento do contador.

    Para consultar os requisitos necesarios accede á nosa carta de compromisos.

  • Que teño que facer para cambiar o titular do servizo?

    No caso de que se trate dunha vivenda hai que presentar:

    • DNI ou CIF ou NIE.
    • Datos de domiciliación bancaria (IBAN) e mandato SEPA do titular da conta.
    • Escritura de propiedade, contrato privado de compra ou contrato de aluguer para acreditar que es o inquilino ou propietario desa vivenda/local. Consulta aquí se no teu municipio a ordenanza non che impide a contratación se non es propietario da vivenda.
    • Lectura do contador.
    • No caso de que o actual titular do contrato sexa o propietario do inmoble, será necesaria autorización deste para realizar o cambio.

    Se se trata dun local comercial ou industrial presentaríase ademais o seguinte:

    • Licencia de apertura/ declaración responsable/ comunicación previa…. segundo corresponda.
    • Último recibo pagado ou alta no IAE.
  • Mudeime de domicilio. Teño que realizar unha nova alta ou podo subrogarme ao contrato que había anteriormente na miña nova vivenda?

    No caso de mudanzas, ou cando unha vivenda é ocupada por unha persoa distinta da que asinou o contrato de subministración, é necesario realizar un cambio de titularidade ou un novo contrato. Unha subrogación é unha xestión que pode formalizarse por falecemento, separación de bens e/ou fusión de empresas. Supón unha subrogación directa de todos os dereitos e obrigas do anterior contrato de subministración e non implica custo ningún.

  • Debo permitir a entrada ao meu domicilio do persoal da empresa subministradora?

    Si. Os solicitantes dunha subministración deben permitir á entidade subministradora a colocación dos elementos necesarios, así como permitir a entrada ao persoal autorizado e acreditado pola entidade, co fin de poder realizar todas as comprobacións relacionadas coa subministración.

  • Quen se encarga da conexión e desconexión dos contadores?

    A conexión e desconexión do contador ou aparato de medida lévaa a cabo a entidade subministradora, que poderá precintar a instalación e é a única autorizada para desprecintala.

  • Onde se coloca a batería de contadores?

    As baterías de contadores divisionarios instálanse nos locais ou armarios destinados exclusivamente a tal efecto. Os armarios deben estar situados na zona de uso común da planta baixa do inmoble e deben contar con acceso directo desde a entrada. Instálase unha válvula de retención na orixe de cada montante e no seu punto de conexión coa batería de contadores divisionarios para impedir retornos de auga á rede de distribución.

  • Que tipos de contadores ou equipos de medición hai?

    Como norma xeral e para os inmobles con acceso directo á rúa, o cálculo e control de consumos efectuarase mediante:

    • Batería de contadores: cando hai máis dunha vivenda ou local, é obrigatorio instalar un contador para cada un, ademais dos necesarios para os servizos comúns.
    • Contador único ou xeral: cando o inmoble ou finca só ten unha vivenda ou local, en subministracións provisionais para obras e en polígonos en proceso de execución de obras, mentres non se reciban as redes de distribución interior.
  • Teño que solicitar ou notificar á entidade subministradora un aumento de caudal contratado?

    Si. Os clientes deben utilizar a auga subministrada do xeito e para o uso contratado. Polo tanto, tes que solicitar á entidade subministradora a autorización pertinente para calquera modificación das instalacións que implique un aumento nos caudais contratados de subministración, ou calquera modificación no número de receptores.

  • Son promotor de vivendas. Podo solicitar unha acometida de auga ou sumidoiros?

    Para solicitar unha acometida de auga ou sumidoiros ou, se o desexas, un informe previo para a licencia de obras, necesitas presentar a seguinte documentación:

    • DNI, CIF OU NIF.
    • Referencia catastral ou recibo do IBI para localizar a finca.
    • Planos de instalación de fontanería e desaugadoiros (para solicitudes de máis dunha vivenda).
  • Como podo dar de baixa o servizo de auga?

    Podes facelo a través das nosas  canles de atención presentando a seguinte documentación:

    • DNI ou NIF.
    • Lectura do contador.
    • Cando non coincidan peticionario e titular, precisaremos ademais copia do DNI ou documento acreditativo similar do peticionario e unha declaración de autorización asinada polo titular. Podes realizar unha baixa mediante solicitude escrita.
  • Que debo facer para comprobar se teño un escape ou fuga na casa?

    A continuación, indicámosche os pasos que debes seguir:

    • En primeiro lugar, debes localizar o teu contador de auga. Entra no cuarto de contadores da finca. Na batería de contadores hai un plano no que poderás atopar onde está o teu contador.
    • Seguidamente, comproba que o contador funciona correctamente. Para iso, deixa unha billa aberta na túa casa ou no teu local. A agulla vermella da esfera grande ou a derradeira cifra vermella do contador (se é electrónico) debe moverse en sentido ascendente. Mantendo a billa aberta, pecha a chave de paso do contador e comproba que o contador non rexistre ningún movemento.
    • Para rematar, volve abrir a chave de paso e pecha todas as billas da casa durante unha hora aproximadamente. Observa se o contador rexistrou consumo de auga. De ser así, é moi posible que haxa un escape na instalación, xa que o contador só rexistra consumo se pasa auga por el.
  • A quen debo chamar se teño un escape de auga?

    Se tes un escape, debes poñerte en contacto cun fontaneiro ou empresa especializada ou ben comprobar se o teu seguro de fogar cobre este tipo de reparacións. Recordámosche que a conservación e a reparación de calquera avaría nas instalacións interiores é responsabilidade do usuario, como establece o Regulamento do Servizo de Auga.

  • A quen debo chamar se o meu desaugadoiro ou o da comunidade teñen unha avaría ou obstrución antes de chegar á condución do sumidoiro xeral da rúa?

    Cando a acometida do sumidoiro está obstruída ou avariada, ben sexa na instalación interior ou na canalización do sumidoiro, o responsable é o propietario da finca ou vivenda que a utiliza. É necesario evacuar as augas sucias á rede xeral de verteduras ou ao sumidoiro municipal. Debes poñerte en contacto cunha empresa privada para desatascar as canalizacións de vertedura de residuos.

  • Non teño auga na casa. Que fago?

    • En primeiro lugar, mira se a falta de auga afecta a todos os puntos de auga da túa casa. De ser así, contacta con algún veciño para saber se a incidencia é xeral. Se os veciños non están afectados, comproba que a chave de paso interior da túa casa estea completamente aberta.
    • A continuación, verifica que o contador ou o equipo de medición teña as dúas chaves de paso abertas (é dicir, xiradas completamente á esquerda). Recorda que para localizar o teu contador de auga tes que entrar coa chave universal no cuarto de contadores, que xeralmente está no portal ou no vestíbulo da finca. Na batería de contadores hai un plano no que poderás atopar onde está o teu contador.
    • Se despois de facer estas comprobacións segues sen auga, chámanos ao noso teléfono de avarías e faremos todo o posible para che axudar.
  • Repararon recentemente unha avaría de auga na rúa e agora non teño presión suficiente na casa. Que fago?

    En ocasións, mentres se produce un escape ou durante a súa reparación, é posible que a mesma presión da auga poida arrastrar pequenas partículas de area das tubaxes xerais e tamén das particulares da finca. Por sorte, non se trata de nada grave. Na meirande parte dos casos, transcorridos uns minutos trala reparación da avaría exterior debería restablecerse a normalidade na subministración, recuperando a presión habitual. Non obstante, se segues sen a presión habitual, chámanos ao noso teléfono de avarías e faremos todo o posible para che axudar.

  • Non teño presión de auga na casa. Que fago?

    • Comproba que a chave de paso interior da túa casa estea completamente aberta. Se tes instalado algún aparato redutor de presión, comproba que funcione correctamente.
    • A continuación, verifica que o contador ou o equipo de medición teña as dúas chaves de paso abertas (é dicir, xiradas completamente á esquerda). Recorda que para localizar o teu contador de auga tes que entrar coa chave universal no cuarto de contadores, que xeralmente está no portal ou no vestíbulo da finca. Na batería de contadores hai un plano no que poderás atopar onde está o teu contador.
    • Se despois de facer estas comprobacións segues sen presión, chámanos ao noso teléfono de avarías e faremos todo o posible para che axudar.
  • Non teño presión na auga quente da miña casa. Que fago?

    • Recorda que a empresa de auga só che subministra auga corrente a través da rede de distribución xeral. É dicir, trátase de auga fría. Abre calquera billa da casa e comproba que a auga fría teña a presión habitual.
    • De non ser así, revisa a chave de paso interior, e que o contador ou o equipo de medición teña as dúas chaves de paso abertas (é dicir, xiradas completamente á esquerda). Recorda que para localizar o teu contador de auga tes que entrar coa chave universal no cuarto de contadores, que xeralmente está no portal ou no vestíbulo da finca. Na batería de contadores hai un plano no que poderás atopar onde está o teu contador.
    • Se aínda así segues sen ter presión na auga quente, contacta cun fontaneiro ou co teu seguro do fogar para que verifiquen a instalación e o circuíto da auga quente.
  • Que preciso para me rexistrar na área de clientes?

    Tes que ser titular dalgún contrato de subministración de auga da nosa compañía e introducir no formulario os datos persoais que se che solicitan e que nos deches como cliente, incluíndo o número de contrato, o DNI ou NIE e o importe da última factura.

    Deberás introducir un nome de usuario e un contrasinal que poidas recordar facilmente e un correo electrónico onde poidamos enviarche as comunicacións.

    A partir de entón entrarás na parte privada e poderás realizar as xestións que precises connosco.

  • Necesito un duplicado de factura da miña subministración. A onde podo dirixirme?

    Podes facelo doada e rapidamente mediante a nosa área de clientes ou tamén a través do noso  teléfono de atención ao cliente. Neste vídeo tutorial explicamos como facelo.

    • Descargar as túas facturas é moi sinxelo si décheste de alta na área de Clientes da web. Accede á túa conta e ve á sección «Xestións online» do menú principal. Despois diríxete a «Descarga masiva de facturas». Fai clic na pestana «Solicitar descarga» e enche os campos necesarios: asigna o nome que queiras á descarga e indica o período temporal que desexes. Tamén podes elixir como seleccionar as facturas, por documento de identidade ou por número de contrato. A continuación, marca unha a unha as facturas que desexes descargar e fai clic en «Continuar». Verifica que as facturas seleccionadas son as que precisas. Podes descargalas nun Excel co botón “Descargar listaxe”. Para descargalas en PDF , fai clic en ‘Confirmar’ para procesar a túa solicitude. Recibirás un correo electrónico que che avisará de que as facturas descargáronse correctamente. Se non ves o correo na túa bandexa de entrada, lembra revisar a carpeta de spam. A partir dese momento xa terás as facturas á túa disposición na pestana ‘Descargas solicitadas’ e poderás descargalas en formato PDF. A través da web, todo son vantaxes.
  • Como podo pagar a miña factura de auga?

    Dispoñemos de varias canles de pagamento para que teñas a máxima flexibilidade:

    • Domiciliación bancaria: canle de pago máis fácil e cómoda utilizada pola maioría de clientes. Só tes que facilitarnos o número de conta bancaria en formato IBAN (2 letras, 2 números de control e 20 números máis) e o documento SEPA asinado. Domicilia agora os teus recibos comodamente a través da Área de Clientes..
    • Apartado “Pagamento de facturas” desta mesma web: pagamento online mediante tarxeta de crédito ou débito. Deberás dispoñer da seguinte información: código CPR, emisora, referencia, identificación e importe que se amosa na parte inferior da factura onda o código bancario de pagamento. Neste vídeo tutorial explicamos como facelo.
    • Podes pagar as túas facturas dende a web sen necesidade de rexistrarte na Área de Clientes. É moi sinxelo, só necesitas ter a man a factura que queres pagar e seguir estes pasos: Diríxete a «O teu servizo», no menú principal, e selecciona «Pago de facturas». Accede a entidade bancaria dende a parte inferior da pantalla. Non é necesario ser cliente da entidade para poder pagar. Selecciona «Pagar agora con código CPR» e cubre os datos solicitados. Atoparalos na parte inferior da factura: CPR, emisora, referencia, identificación e importe. Escribe os datos solicitados que atoparás na parte inferior da túa factura. Non esquezas introducilos sen guións e indicar o importe exacto. Unha vez completados os datos só faltará introducir a información da túa tarxeta bancaria. Para terminar o proceso, fai clic en «Pagar». Tamén podes pagar as túas facturas se te rexistraches na Área de Clientes. Accede a túa conta e fai clic en «As miñas facturas». As facturas pendentes de pago aparecerán na parte inferior. Preme en «Ver factura online», logo en «Accións» e descarga a factura en PDF, xa que a necesitarás despois. Regresa á sección anterior, «As miñas facturas». Pulsa en «Pago online» e accede a entidade bancaria. Selecciona a opción «Pagar agora con número de código de barras». Para introducir o código de identificación, observa a parte inferior da factura descargada. Debaixo do código de barras atoparás o número que debes copiar e pegar no campo requirido. Escribe o teu email de usuario e preme en «Iniciar pago». Só falta introducir os datos da tarxeta bancaria e facer clic en «Pagar» para finalizar o proceso. A través da web, todo son vantaxes.
    • Teléfono de atención ao cliente.
    • Desprazándote a algunha das entidades colaboradoras que se amosan na parte inferior da factura (Correos ou entidades bancarias), poderás pagar en metálico ou con tarxeta bancaria presentando o documento con código bancario de pagamento que che fixemos chegar.
    • Desprazándote ás nosas oficinas de atención ao cliente, onde só poderás pagar a través de tarxeta de crédito ou débito ou solicitar un documento de pagamento para pagar en efectivo nas nosas entidades colaboradoras.
  • Como podo emitir un documento de pagamento dalgunha das miñas facturas?

    Neste vídeo tutorial explicamos como facelo.

    • En primeiro lugar, para solicitar o documento de pago dunha factura pendente, debes acceder á túa conta na área de clientes e a continuación dirixirte á sección de menú “Xestións online”. Unha vez accedas, poderás visualizar as xestións que podes realizar, clasificadas en grupos en función da súa tipoloxía. Seguidamente debes seleccionar a opción “Documentos de pago”, que está situada no grupo de xestións “Facturas e pagos”. A continuación, selecciona o contrato que contén as facturas pendentes de pago e preme en “continuar”. No seguinte paso, selecciona as facturas das cales necesitas o documento e preme o botón “Xerar documento de pago”. Aparece entón unha mensaxe de confirmación, que permite cancelar a operación ou continuala co botón “xerar documento”. Para rematar, preme o botón “descargar documento de pago” para xerar o PDF do documento, que quedará gardado no teu PC e dispoñible para imprimir no momento que sexa necesario. A través da web, todo son vantaxes!