Fomentamos as vocacións científicas e
tecnolóxicas entre as alumnas
O desenvolvemento das competencias das ciencias, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (STEM) é un dos obxectivos fundamentais da axenda educativa a nivel mundial. Na actualidade, a demanda de profesionais STEM crece en maior medida que a de profesionais doutros sectores. Así mesmo, son varios os informes que poñen de relevo as desigualdades de xénero no ensino de STEM, que quedan reflectidas na baixa participación das mozas nestes estudos e profesións.