Coñece aos gañadores e gañadoras da novena edición do noso Certame Literario 'Relatos de auga intelixente'
Xa coñecemos aos gañadores e gañadoras da novena edición do Certame Literario “Relatos de Auga Intelixente”, dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos de centros educativos das localidades de toda Galicia nas que xestionamos o servizo.
Os gañadores e gañadoras desta edición son escolares das cidades de Santiago de Compostela do IES Antón Fraguas, IES Lamas de Abade e La Salle; de Pontevedra, do IES Sánchez Cantón e de Ourense do Colexio Plurilingüe Divina Pastora-Franciscanas Ourense, que tamén foi premiado como o colexio con maior participación de Galicia enviando un total de 153 relatos e que recibirá un lote de libros sobre auga e medioambiente.
A temática dos relatos xirou arredor de "A seca e como o consumo responsable da auga pode contribuír a mellorar a situación". O obxectivo deste concurso é contribuír á difusión da cultura da auga, implicar á xuventude no uso sostible deste recurso e no coidado do medio ambiente, a través da literatura, así como concienciar sobre a cantidade de auga que se pode aforrar con cambios nos nosos hábitos diarios e a realidade do problema da auga como recurso finito.
O xurado, que seleccionou as propostas gañadoras pola adecuación dos traballos ás bases do concurso, así como pola calidade e creatividade das propostas presentadas, estivo composto por profesionais do mundo literario e da auga: Carlos Taboada, escritor e ilustrador en Polo Correo do Vento; Susana Fernández, técnica do Departamento de Explotación de Augas de Galicia; Mª Teresa Abalde, xurídica de Viaqua e María del Mar Fernández Vázquez, filóloga e profesora da Universidade de Vigo.
RELATOS GAÑADORES IX CERTAMEN LITERARIO VIAQUA
RELATO CLÁSICO
- CATEGORÍA ESO
Subcategoría 1º e 2º
1º premio: ‘Fervenza Muda’ – Autora: Carlota Millán Dorado do IES Antón Fraguas, Santiago de Compostela
2º premio: ‘Espertar dun mal soño’ – Autora: Candela Castro López do IES Antón Fraguas, Santiago de Compostela
3º premio: ‘Mea culpa’ – Atutora Anais Bilal El Hawary do IES Antón Fraguas, Santiago de Compostela
Subcategoría 3º e 4º
1º premio: ‘Nena Aigua’ - Autora: Marta de la Santísima Trinidad Alberti do IES Antón Fraguas, Santiago de Compostela
2º premio: ‘O último alento’ – Autora: Maruxa Bravo Rodríguez do IES Lamas de Abade, Santiago de Compostela.
3º premio: ‘O Río Seco’ – Autora: Paula Otero Freire do IES Lamas de Abade, Santiago de Compostela
- CATEGORÍA BACHARELATO/FP
1º premio: ‘Sequía azul’ – Autor: Leopoldo Iñarrea Barba do IES Sánchez Cantón, Pontevedra
2º premio: ‘Mártires’ – Autor: Xoel Amigo Moure do IES Antón Fraguas, Santiago de Compostela.
3º premio: ‘A CURIOSA DESPEDIDA DUN CONVICTO’ – Autor: Joaquín López Rodríguez de La Salle Santiago de Compostela
RELATO CREATIVO
- CATEGORÍA ESO
Subcategoría 1º e 2º
1º premio: ‘Canto máis hai que agardar?’ – Autora: Icía Lagares Sanmiguel do IES Lamas de Abade, Santiago de Compostela
2º premio: ‘Agua’ – Autora: Clara Rodríguez Fernández do Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas, Ourense
2º premio: ‘Auga: un mistorio que todos coñecemos’ – Autora: Uxía Gómez Vázquez do Colexio Plurilingüe Divina Pastora- Franciscanas, Ourense
3º premio: deserto
Subcategoría 3º e 4º
1º premio: ‘ Eu vivín a carón dun río’ – Autora: Adriana Piñeiro Varela do Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas, Ourense.
2º premio: ‘Escorregamento quebrado’ – Autor: Xosé Silva Carbajales do IES Lamas de Abade, Santiago de Compostela.
3º premio: ‘Auga que nos das vida’ – Autora: Noa Codeso Pacios do Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas, Ourense
- CATEGORÍA BACHARELATO/FP
1º premio: ‘Pinga orfa’ – Autora: Raquel Soto Sánchez de La Salle Santiago de Compostela.
2º premio: ‘Rías Desesperadas’ – Autora: María Alvarellos Villaverde de La Salle Santiago de Compostela.
3º premio: ‘Selo de Identidade’ – Autora: Xiana Andrade Fuentes do IES Lamas de Abade, Santiago de Compostela.