Viaqua implícase coa mocidade na procura de emprego

A empresa Viaqua colabora coa Fundación Princesa de Girona (FPdGi) converténdose nun dos Centros de Desenvolvemento que promove o programa formativo «Rescatadores de Talento», que ten como obxectivo promover a empregabilidade dos mozos.
SUEZ é unha das empresas que participa activamente en «Rescatadores de talento», neste caso, Viaqua decidiu involucrarse no proxecto recibindo en Santiago de Compostela a 11 mozos e mozas procedentes de toda España cun obxectivo: o de axudarlles a atopar o emprego para o que estudaron.
Durante dúas xornadas formativas, traballadores e traballadoras de Viaqua e de Cetaqua compartiron coñecementos sobre a xestión do ciclo integral da auga, a investigación e innovación no sector da auga e medio ambiente, e como a empresa comprométese coa Axenda 2030 de Nacións Unidas a alcanzar os ODS coa súa actividade.
A parte práctica das xornadas estivo marcada pola visita ao laboratorio da Unidade Mixta CIGAT, formada por VIAQUA, CETAQUA e GAIN; simulacións de entrevistas profesionais, dinámicas grupais e un debate sobre a empregabilidade no sector, onde os participantes compartiron as súas dúbidas á hora de enfrontarse a un proceso de selección.
O Centro de Desenvolvemento, levado a cabo por Viaqua, finalizou con visitas ás instalacións da empresa en Santiago, á ETAP do Tambre e á EDAR de Aríns, co obxectivo de experimentar de primeira man os conceptos tratados o día anterior.
O programa «Rescatadores de Talento» permite á xuventude, con formación superior, vivir experiencias empresariais in situ, deseñadas polos departamentos de RR. HH. das empresas. O programa, ademais, concede axudas á mobilidade para que os rexistrados poidan desprazarse á cidade onde se organiza a formación.