Viaqua é certificada pola súa xestión ética e socialmente responsable
Viaqua é a única empresa galega do sector da auga certificada coa norma SGE 21 de xestión ética e socialmente responsable.
SGE 21 é a primeira ferramenta que pon a disposición das organizacións unha sistemática enfocada á integración voluntaria das súas preocupacións sociais e medioambientais nas operacións comerciais e nas relacións cos seus grupos de relación.
Viaqua é a única empresa galega do sector da auga certificada pola súa xestión ética e socialmente responsable coa norma SGE 21 de Forética, organización referente en sostibilidade e responsabilidade social empresarial en España.
A norma SGE 21 é a primeira norma europea que permite implantar, auditar e certificar un sistema de xestión ética e socialmente responsable. Esta norma establece tres piares fundamentais na xestión empresarial: o respecto polo medioambiente, o compromiso social e o bo goberno; establecendo unha serie de requisitos a satisfacer en cada un deles. O cumprimento desta normativa garante o compromiso da organización coa sostibilidade e a loita contra o cambio climático, a ética, o bo goberno dos seus directivos e traballadores e o compromiso social cos seus diferentes grupos de relación.
Leticia Rodríguez, directora de Desenvolvemento Sostible de Viaqua, declara que “día a día afianzamos os nosos compromisos en materia de sostibilidade, ética e responsabilidade social, e é a implantación e mantemento deste sistema de xestión unha ferramenta esencial para acadalos. Levamos a cabo unha sistemática enfocada á integración voluntaria das preocupacións sociais e medioambientais, tanto nas relacións co noso persoal como cos nosos grupos de relación”.
“Temos un compromiso real cos nosos clientes e demais grupos de relación, intensificando o diálogo social e tecendo alianzas, potenciando a transparencia e a confianza e realizando unha xestión sostible do noso servizo, estando en continua avaliación e mellora grazas á SGE 21”.- afirma a directora de Desenvolvemento Sostible de Viaqua.
Hoxe en día, tanto empresas de titularidade pública e privada, como entidades do terceiro sector, empregan a norma SGE 21. A empresa Viaqua, que presta servizo a cerca de 50 municipios en Galicia, posiciónase deste xeito como unha entidade referente en materia de responsabilidade social corporativa e reforza o seu compromiso coa concienciación e compromiso social dende o punto de vista empresarial, sendo a única empresa galega do sector da auga que acredita a súa xestión con este selo de calidade.