Viaqua e Igaxes lanzan o programa de bolsas Talento Profesional para contribuir coa FP e a sua insercion laboral

Viaqua e Igaxes lanzan o programa de bolsas "Talento Profesional" para contribuír coa FP e a súa inserción laboral 

Viaqua conta unha vez máis coa colaboración de IGAXES para o desenvolvemento de programas formativos orientados a persoas en situación de vulnerabilidade

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2024 – Viaqua anuncia o lanzamento do programa de bolsas "Talento Profesional", unha iniciativa deseñada para axudar a mozos galegos con dificultades económicas a desenvolver estudos en Formación Profesional (FP), reafirmando o compromiso de Viaqua coa igualdade de oportunidades e o desenvolvemento do talento.

Este programa de bolsas, volverá contar co asesoramento de Igaxes, ONG para o futuro da infancia e a mocidade en risco, tras a renovación do convenio de colaboración entre ambas as entidades e do programa “Bolsas Talento Mozo”. 

A bolsa "Talento Profesional" axudará ao estudante seleccionado coa cobertura dos gastos directos derivados dos seus estudos por un máximo de 1.000 € anuais. Ademais, os beneficiarios recibirán un acompañamento pedagóxico e psicosocial individualizado, que busca potenciar a súa motivación e competencias persoais, mellorando así as súas perspectivas formativas e laborais.

Para optar ás Bolsas "Talento Profesional", os solicitantes deben cumprir con varios requisitos, entre os que se inclúen residir en Galicia nalgún dos municipios xestionados por Viaqua, estar matriculados en estudos presenciais de Formación Profesional de grao básico, medio ou superior en centros públicos.

As persoas interesadas en beneficiarse deste programa poden postularse ata o 31 de outubro de 2024. Para máis información, convídase os solicitantes a consultar as bases do programa na web de Viaqua, descargar o formulario de solicitude e envialo cumprimentado ao correo electrónico comunicacion@viaqua.gal. 

O programa “Bolsas Talento Profesional” enmárcase dentro da estratexia de acción social de Viaqua, no ámbito relativo ao desenvolvemento de oportunidades educativas, co propósito de permitir aos estudantes acceder a unha formación de calidade e potenciar a súa futura inserción laboral, aspectos cl aves no contexto socioeconómico actual.