Viaqua e a Fundación Aquae premian o traballo do Colegio Los Sauces e ás alumnas do programa Aquae STEM
O obxectivo do proxecto é fomentar o interese das estudantes de entre 2º e 6º de primaria polas carreiras de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas.

Viaqua otorgou o premio ao Centro máis Involucrado ao Colegio Los Sauces de Pontevedra, un dos sete colexios de toda España que destacaron pola calidade do seu traballo e como grandes representantes da globalidade de centros e alumnas que participan neste programa.
A empresa concesionaria otorgou o premio a este centro por transmitir os valores do programa ás alumnas e participar dunha maneira moi activa nas sesións de certificación para o profesorado: entre os catro mestres responsables de Aquae STEM no centro educativo sumaron un total de 20 certificacións.
Borja Jamardo, profesor do Colegio Los Sauces foi o encargado de recibir o premio: “Desde o primeiro momento que vimos o proxecto Aquae STEM sabiamos que nos ía encaixar moi ben porque nos gusta que o alumnado aprenda realizando actividades. As alumnas disfrutaron e aprenderon día a día sen demasiada dificultade. Este segundo ano, desde o proxecto facilitástesnolo aínda máis. Foi un ano moi complicado e tivemos o voso apoio desde o primeiro día. Cando chegan os alumnos ao colexio, buscamos fomentar a igualdade, e os webinars que organizáchedes con mulleres referentes STEM encaixaron moi ben con este obxectivo”, sinala o profesor do colexio premiado.
O programa Aquae STEM, que se puxo en marcha en outubro de 2019, xa está integrado no plan curricular de máis de 50 colexios de sete comunidades autónomas, entre elas Galicia, e beneficia a máis de 2.500 alumnas de 2º a 6º de Educación Primaria, ademais de facilitar formación ao profesorado.