ViAQUA contribuíu a reducir as emisións de CO2 á atmosfera en 5.000 toneladas durante 2016
Viaqua consume electricidade 100% renovable nas instalacións que xestiona en Galicia, segundo o certifica o documento emitido pola empresa Enérgya-MV cumprindo cos requisitos establecidos pola CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia). Así, e durante o ano 2016 toda a enerxía utilizada por Viaqua procedeu exclusivamente de fontes de enerxías renovables.
Deste xeito ponse de manifiesto o compromiso da empresa co obxectivo de conseguir que o impacto medioambiental da súa pegada de carbono sexa cero e que, en concreto, contribuíu a unha reducción das emisións de CO2 á atmosfera de 4.929 toneladas no pasado ano.
Ademais de consumir únicamente a enerxía necesaria e de aplicar medidas de eficiencia (ISO 50001) nas instalacións cara a reducir custos enerxéticos, Viaqua aposta tamén pola mellora da calidade de vida dos cudadáns a través da substitución de vehículos turismos de combustión por eléctricos ou híbridos, e na flota industrial os diésel por vehículos 100% eléctricos.
Na cidade de Ourense, a incorporación de tres vehículos eléctricos supuxo a redución de emisions á atmosfera de 8,7 toneladas de CO2 ao ano, tendo en conta que cada coche reduce as emisions en 56,6 gramos de CO2 por quilómetro percorrido con respecto a un vehículo diésel, un total de 2,9 toneladas de emisións menos por vehículo/ano. Emisións que tamén se reduciron en outras 8 toneladas/ano pola incorporación de catro turismos híbridos en substitución de vehículos diésel.
O desenvolvemento sostible é un asunto estratéxico e de vital importancia para Viaqua. Un obxectivo que se traduce neste compromiso pola redución do impacto medioambiental tanto na loxística como nas actividades nas instalacións que xestiona con solucións sostibles que contribúen, en definitiva, ao mantemento do planeta sen comprometer os recursos e posibilidades das xeneracións vindeiras.