VIAQUA, CON CRUZ VERMELLA RESPONDE

Nun momento de especial excepcionalidade, Viaqua colabora coa iniciativa “Cruz Vermella RESPONDE”, un plan integral lanzado por Cruz Vermella Española para atender a persoas en situación de vulnerabilidade por mor da pandemia do COVID-19.

Viaqua destinará a esta causa 1€ por cada cliente novo que se rexistre na área de clientes ata o 30 de setembro. A través do alta na área de clientes, os clientes de Viaqua poden consultar as súas facturas e realizar todas as súas xestións de forma áxil, cómoda e segura, sen saír de casa.

A iniciativa abriuse tamén ao persoal da compañía, para facilitar que se some á campaña realizando as súas achegas económicas ata finais de setembro.

Con esta colaboración, Viaqua contribúe ademais á difusión do proxecto Cruz Vermella RESPONDE, dirixido a dar resposta ás necesidades sanitarias, sociais, educativas ou de empregabilidade dos colectivos máis afectados pola pandemia. A través da iniciativa, Cruz Vermella pretende asistir a máis de 1.350.000 persoas e mobilizar a máis de 40.000 persoas voluntarias mediante os seus máis de 1.400 puntos de atención.

A data 3 de abril, Cruz Vermella conseguira entregar máis de 80.000 kits de alimentos, así como trasladar a máis de 2.300 persoas afectadas grazas a unha frota de máis de 500 ambulancias e 1200 vehículos de emerxencia social.