ValPat ensinan ás estudantes a descubrir la tecnoloxía no primeiro webinario AquaeSTEM do curso

Valeria Corrales e Patricia Heredia, o dúo de divulgadoras coñecido como ValPat, falaron sobre tecnoloxía e robótica durante o último webinario do programa educativo Aquae STEM, celebrado con motivo do Día Mundial dos Futuros

Na semana do Día Mundial dos Futuros, o programa educativo Aquae STEM organizou o pasado 5 de decembro o primeiro webinario programado deste curso 24-25. As protagonistas nesta ocasión foron ValPat, o dúo de divulgadoras formado por Valeria Corrales, moza creadora de contido STEM, e Patricia Heredia, enxeñeira de telecomunicacións.

Neste novo curso de Aquae STEM participan sete colexios de toda Galicia e máis de 650 estudantes que teñen la oportunidade de coñecer e interactuar con mulleres profesionais destacadas en campos de estudo técnicos e científicos. Deste xeito, téntase facer fronte a unha das causas polas que as nenas non se senten atraídas por las carreiras STEM, que é a falta de referentes femininos nestes campos.

Durante o webinario, Valeria Corrales e Patricia Heredia  transmitiron ao alumnado a súa paixón pola ciencia e tecnoloxía, facéndolles ver que dedicarse a estas cuestións pode ser “estimulante e divertido”. 

Precisamente, o exitoso enfoque de divulgación de ValPat, que conta con 240.000 seguidores en redes sociais, consiste en realizar actividades didácticas baseadas na experimentación, o xogo e a construción de artefactos que aúnan oentretemento e a transmisión de coñecemento. Para as integrantes de ValPat, a tecnoloxía é esencial nos nosos días e ademais é unha ferramenta de cambio. “Pode inspirar ás nenas de hoxe a construír o futuro que soñan”, afirmaron.

ValPat dedicou o webinario a estimular a participación das nenas nas disciplinas STEM, facéndolles ver que no hai motivos para que renuncien a ese camiño. As estatísticas demostran que hai unha fenda de xénero no acceso feminino a estas carreiras e para Valeria Corrales e Patricia Heredia, hai que vencer estes marcos mentais. 

“Seguide os vosos gustos e non vos deixedes influenciar polos estereotipos” afirmaron, para engadir: “A tecnoloxía formará parte de todo no futuro, así que atrevédevos a explorar e ser parte do cambio”.

Sobre o programa Aquae STEM 

O programa educativo Aquae STEM comezou a súa andaina en 2019 da man de la Fundación Aquae e Viaqua cun dobre obxectivo: atraer, potenciar e espertar as vocacións STEM nas nenas, promovendo a concienciación da súa contorna próxima, incluídos o profesorado, os compañeiros de clase e as súas familias.
Co traballo e compromiso esencial do profesorado, o proxecto aposta por xerar vínculos coas ciencias entre as nenas de entre 8 e 12 anos (de 3º a 6º de Primaria), xa que os estudos demostran que a creación de vocacións dase en idades cada vez máis temperás.
Desde 2020, os webinarios de Aquae STEM tiveron o privilexio de contar con mulleres profesionais de diversos ámbitos.  Podes consultar os vídeos nesta ligazón.