O Concello de Betanzos levanta as restriccións tras declarar Sanidade a auga apta para o consumo
-
As últimas analíticas da autoridade sanitaria que a auga é apta para o consumo humano.
-
Dacordo co Concello e a autoridade sanitaria, seguirase un plan específico de vixilancia para controlar calquera posible alteración dos parámetros e poder anticipar as accións necesarias para seguir asegurando a calidade da auga subnministrada
O Concello de Betanzos levantou hoxe, 28 de xuño, as restricións de uso vixentes para inxesta, preparación de alimentos e hixiene bucodental, unha vez a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia declarou “apta para o consumo” a auga distribuída no municipio.
Desde o primeiro momento, Viaqua traballou de forma ininterrompida, e en coordinación co Concello e a autoridade sanitaria na elaboración e execución de plans de actuación, acompañados de plans analíticos reforzados e continuos, contando para iso non só co equipo local senón tamén cunha rede multidisciplinar de expertos nacionais tanto do Grupo ao que pertence Viaqua como de entidades externas.
O mesmo día no que se declarou a auga non apta, Viaqua puxo a disposición da cidadanía a distribución gratuíta de auga potable, a través de tres camións cisternas colocados en diversos puntos do municipio. Este servizo de subministración alternativa será retirado este xoves unha vez que deixou de ser necesario.
Viaqua seguirá un plan de vixilancia específico e continuará mantendo un exhaustivo control da calidade da auga distribuída na cidade, garantindo a vixilancia dos parámetros óptimos para o seu consumo.