Proxectos de I+D+i impulsan a biofactoría de Ourense como referente europeo en economía circular
Os resultados obtidos na Unidade Mixta CIGAT Biofactoría impulsaron o desenvolvemento de novas solución de I+D+i na biofactoría de Ourense, a través dos novos proxectos ECOVAL e WalNUT
Máis dun cento de persoas asistiron ao evento “De depuradoras a biofactorías: o potencial da auga na economía circular”, para coñecer os avances ténicos e resultados dos dous proxectos europeos que se desenvolven en Ourense
A Estación Depuradora de Aguas Residuais (EDAR) de Ourense actualmente constitúe un referente en economía circular grazas á transformación que experimentou nos últimos anos ao converterse nunha biofactoría, é decir, un novo modelo de instalación baseado nos principios da economía circular, onde se rexenera a auga para a súa posterior reutilización, prodúcense enerxías renovables e tránsformanse os residuos en recursos. Deste xeito, maximizase o valor dos recursos impulsando un modelo enerxeticamente neutro e que contribúe ao residuo cero. O éxito dos resultados obtidos na Unidade Mixta CIGAT Biofactoría, froito da colaboración público-privada entre Viaqua, Cetaqua e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), serveu de base ao desenvolvemento e implementación de novos proxectos de I+D+i, esta vez con foco en Europa, como o H2020 Walnut e o Interreg Sudoe ECOVAL.
Ambos proxectos, aliñados coa Axenda 2030, posicionan Galicia como referente a nivel europeo no que respecta á implementación de tecnoloxías innovadoras desenvolvidas para a xestión eficiente de correntes urbanas e o conseguinte aproveitamento dos residuos para un menor impacto medioambiental.
ECOVAL (Estratexias de Coordinación de xestión de valorización de lodos e residuos orgánicos na rexión SUDOE), liderado por Cetaqua Galicia, baséase na valorización de residuos orgánicos urbanos e lodos de depuración para a obtención de bio-produtos como son os Ácidos Graxos Volátiles (AGV), útiles para a industria do plástico, lubricantes ou pinturas, entre outros. Por outra banda, Walnut, liderado por CARTIF, procura a recuperación de nutrintes e a posterior produción de biofertilizantes, previndo así a contaminación das masas de auga e promovendo a circularidade na industria dos fertilizantes no marco da Unión Europea.
O tenente de alcalde de Ourense, Armando Ojea, inaugurou o acto poñendo en valor “a importancia de desenvolver proxectos de investigación en Ourense que lle dean unha segunda oportunidade aos residuos da EDAR e nos permita ser unha cidade máis sostible”.
Juan José Vázque, xefe de Augas da Xunta de Galicia en Ourense, foi o encargado de despedir o evento agradecendo “o esforzo que se está realizando en Galicia para converter as depuradoras en biofactorías e posicionar a provincia de Ourense nun referente nacional e internacional en economía circular”.
A xornada finalizaba cunha visita guiada á biofactoría de Ourense, onde os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer, de primeira man as instalcións e tecnoloxías aplicadas para ambos proxectos.