Nova oficina do servizo municipal de auga de Santiago de Compostela
Viaqua, empresa que xestiona o servizo de augas, saneamento e depuración de Santiago, cambia a localización da súa oficina de atención ao cliente, pasando de estar na Rúa Feáns a abrir unha nova oficina na Rúa Domingo García Sabell 7 baixo, facendo esquina con Galeras, 40.
Viaqua da un paso máis na súa aposta pola accesibilidade e o uso estratéxico das novas tecnoloxías, incorporando na nova oficina de atención ao cliente de Santiago, un sistema de vídeo-interpretación en lingua de signos para persoas xordas. En colaboración coa Fundación CNSE para la Supresión de las Barreras de Comunicación e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), a concesionaria implanta o sistema de vídeo e interpretación SVisual, o que permitirá eliminar barreiras e que as persoas xordas poidan contactar coa entidade e realizar as súas respectivas xestións, asegurando que teñan o mesmo acceso á información aportada que o resto da cidadanía.
Dentro do proceso de transformación dixital que está a implantar Viaqua e co obxectivo de poder facilitar a todos os usuarios o mellor servicio de atención ao cliente, a empresa reforza as súas canles virtuais, garantindo a seguridade e saúde dos clientes e do seu cadro de persoal. Actualmente a atención ao cliente realizase só con cita previa, solicitándoa a través dos teléfonos 981 215 990 e 900 201 230 ou ben a través da Área de clientes da web viaqua.gal. No caso de que algunha xestión requira a atención presencial, proporcionarase unha cita previa para ser atendido na oficina, dando prioridade nestes casos ás persoas maiores e aos colectivos vulnerables.
Ademais, a través da Área de clientes da páxina web de Viaqua os usuarios poden realizar todas as xestións relativas ao seu contrato de auga, solicitude de altas, baixas e cambios de titular, autolectura do contador, consulta de consumos históricos, domiciliación de pagos, entre outros, en calquera momento e desde calquera dispositivo. Ademais, o pago das facturas do servizo de auga, pode realizarse dende calquera caixeiro automático de ABANCA, SANTANDER, CAIXABANK e dende a web de Viaqua.
Esta nova oficina é máis accesible ademais de estar localizada nunha zona céntrica e de fácil comunicación.