Chega o V Certame Literario “Relatos de auga intelixente” con novidades
Como quinto ano consecutivo Viaqua lanza o V Certame Literario “Relatos de auga intelixente”. O obxectivo deste concurso literario é a difusión da cultura da auga e implicar aos mozos no uso sostible deste recurso escaso e o coidado do medio ambiente a través da literatura. Está dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos, que cursen estudos de ESO ou Bacharelato/F situados en centros educativos nos que Viaqua presta o servizo de xestión da auga.
O certame, desenvolverase durante o último trimestre do ano, sendo o 31 de decembro a data límite de recepción de microrrelatos. Como novidades desta edición cambia a temática, centrándose na importancia da auga como recurso escaso e imprescindible para vivir. A finalidade é, a través dun relato non superior a 200 palabras, concienciar sobre os problemas sociais, económicos e ambientais derivados dunha mala xestión deste recurso, así como as medidas de aforro e eficiencia que se poden empregar nas cidades e no noso día a día, para conseguir vivir nun mundo máis sostible.
Así mesmo concederase un accésit ao relato co formato máis orixinal e un premio ao centro escolar que maior participación de alumnos rexistre.
As bases pódense consultar facendo clic aquí.