A dixitalización da auga como vector de transformación territorial fronte ao cambio climático na Mobile Week Ourense 2022
Hoxe no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, tivo lugar o segundo día de la Mobile Week Ourense, centrada na aplicación da tecnoloxía no ámbito agrícola e rural e sobre como a dixitalización permitirá aos municipios ser máis resilientes fronte ao cambio climático.
Viaqua, empresa patrocinadora do evento e que apoia por segundo ano consecutivo a Mobile Week Ourense, participou nesta xornada con varias ponencias. A primeira delas, foi sobre a importancia de optimizar o recurso auga, en actividades como o rego na agricultura, así como aumentar a produtividade mediante a dixitalización, da man da empresa Qampo.
Leticia Rodríguez, directora de desenvolvemento sostible de Viaqua, presentou o proxecto Guardian, caso de éxito de colaboración público-privada, que conseguiu construír un sistema de defensa para aumentar a resiliencia dos municipios fronte aos incendios forestais. Esta infraestrutura contra incendios é a máis grande de Europa e a segunda maior do mundo, e caracterízase por empregar auga rexenerada, é dicir, auga residual tratada. “Este proxecto responde a unha problemática consecuencia do cambio climático, o cal non só está a poñer en xaque un recurso imprescindible como é a auga senón que ademais está a incrementar o risco de incendios forestais. Temos a responsabilidade e a oportunidade de poder implantar tecnoloxías de vangardas para poder incrementar a resiliencia dos municipios e as consecuencias que supón o cambio climático.”, declaraba Leticia Rodríguez.
A xornada finalizaba con Alberto Sánchez, director de transformación e innovación de Viaqua, falando sobre como a auga pode ser un vector de transformación e adaptación territorial fronte aos efectos do cambio climático a través da súa dixitalización.
Alberto Sánchez compartía que estamos nun momento de cambio e adaptación, onde é insostible o ritmo de consumo de recursos que levamos, duplicando as necesidades de recursos nunha soa xeración. “Un territorio que queira sobrevivir vai ter que saber adaptarse. A dixitalización é a ferramenta fundamental para conseguir esa adaptación”, defendía.
Existe unha gran oportunidade e necesidade da democratización do acceso á dixitalización para que o desenvolvemento deses territorios máis rurais poida acompasar ao doutras zonas, e non aumente a fenda dixital actual. O director de transformación e innovación de Viaqua, compartía a gran oportunidade que tiña a provincia de Ourense por diante, explicando que a Deputación de Ourense presentará un proxecto de máis de 12M€ para a transformación dixital do ciclo da auga provincial, a través da empresa mixta AquaOurense, formada por Viaqua e a propia Deputación provincial, e que fomentará a sinerxía entre diferentes organismos. O proxecto que se presentará aos PERTE, albergará un Centro de transformación dixital do ciclo da auga, o cal terá como finalidade converterse nun espazo aberto á cidadanía, potenciando a transparencia, que buscará dinamizar o ecosistema local a través da innovación e o emprendemento, co vector de que as solucións sexan dixitais. “Pode ser un antes e un despois na xestión da auga e converterse nun modelo de xestión de recursos noutros territorios similares.”, declaraba Alberto Sánchez.