Información sobre a calidade da auga en Betanzos
Ante o gromo de gastroenterite que está acontecendo estes días no municipio de Betanzos e, descoñecéndose a posible orixe, como medida preventiva para reducir posibles riscos, recoméndase pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia:
- A restrición do uso de auga potable (inxesta, preparación de alimentos ou hixiene bucodental).
- A restrición do uso de auga procedente de calquera manantial ou fonte pública non conectada á rede municipal.
A pesar da adopción desta medida de carácter preventivo, infórmase que todos os resultados das análises realizadas ata agora na auga procedentes da rede de abastecemento municipal cumpren cos criterios sanitarios esixidos polo Real Decreto 3/2023, do 10 de xaneiro, polo que se establecen os criterios técnicos - sanitarios da calidade da auga de consumo, o seu control e subministración.
- Consulta os resultados das analíticas realizadas:
- Consulta o bando publicado na web do Concello de Betanzos.