Impulsar a resiliencia e a dixitalización das infraestruturas ante a emerxencia climática

O 19 de novembro, Nacións Unidas celebra o Día Mundial do Saneamento co obxectivo de subliñar o seu papel determinante na saúde pública así como no desenvolvemento da sociedade. Con 3.500 millóns de persoas sen servizos de saneamento xestionados de forma segura a nivel mundial, estamos aínda lonxe de cumprir co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 6: “Auga e saneamento seguros para todos” de aquí a 2030. 

Ante isto, e a ameaza crecente do cambio climático –con episodios de chuvias ou secas cada vez máis frecuentes e extremos en todo o mundo– que ameaza as infraestruturas urbanas, Nacións Unidas apela a unha mellor xestión do saneamento como contribución esencial a un planeta máis saudable e sostible. 

O noso país mellora ano a ano os seus servizos de auga urbana, pero aínda así queda camiño por percorrer, sobre todo en tres aspectos: a recollida e o tratamento das augas residuais; a rexeneración para a súa reutilización; e o investimento para renovar o parque de infraestruturas necesario e facelas máis resilientes fronte a fenómenos meteorolóxicos extremos, como os que experimentamos recentemente. Resulta clave neste punto seguir estreitando a colaboración público-privada para avanzar na plena cobertura do territorio cumprindo deste xeito coas normativas europeas.

Viaqua, emprega galega líder no sector do medio ambiente, é un actor clave na loita contra o cambio climático e a preservación dos recursos naturais. A compañía está presente en todo o territorio galego e subministra auga a máis de 765.000 persoas. Actualmente, xestiona 33 EDARs (Estacións de Augas Depuradoras), instalacións claves para o saneamento, e unha parte esencial para o correcto funcionamento das infraestruturas urbanas.

E todo iso, baixo o prisma da economía circular: o bo tratamento das augas residuais significa devolvelas ao medio nas mellores condicións e impulsar a súa reutilización, preservando así a dispoñibilidade dos recursos hídricos no futuro, clave no contexto actual de crecente escaseza hídrica. 

Transformación dixital

Doutra banda, no desenvolvemento de novas infraestruturas, Viaqua lembra a necesidade de contar con instalacións non só robustas, senón tamén adaptables, capaces de funcionar en situacións adversas e con capacidade de recuperación elevada. Niso destaca o papel da dixitalización, unha aliada clave na xestión do saneamento e dos recursos, permitindo a detección temperá de eventos e incidencias que minimicen consecuencias graves. 
Un dos proxectos de referencia da compañía son as ecofactorías, que son a evolución das depuradoras tradicionais en verdadeiras fábricas dixitais de recursos. Nacións Unidas recoñéceas como un elemento destacado na loita contra o cambio climático porque o seu labor non é unicamente o tratamento das augas residuais senón tamén a rexeneración e reutilización desta auga nas cidades, a agricultura e a industria (limpeza de rúas, rega de zonas verdes e agrícolas etc.)/ etc.); a valorización dos residuos en novos recursos (como, por exemplo, os lodos de depuración, que poden reutilizarse a modo de abono ou para fabricar material para a construción); a produción de enerxía renovable para autoabastecer a propia planta; e a xeración dun impacto positivo na contorna, preservando a súa biodiversidade. A ecofactoría norte, operada por Viaqua en Ourense, é un referente a escala internacional. 


Ecofactoría Norte en Ourense, unha referencia de adaptación das infraestruturas hídricas

 

Nestes momentos, o investimento en infraestruturas resilientes, a adopción da dixitalización e a implementación de sistemas de alerta temperá representan piares fundamentais para avanzar nunha maior sustentabilidade dos sistemas de saneamento. Non só melloran a calidade do saneamento, senón que protexen vidas e contribúen a un mundo máis xusto e sostible.

Un chamamento á acción: evitar botar residuos ao inodoro
Este Día Mundial do Saneamento, é unha oportunidade para lembrar que un bo uso das infraestruturas de saneamento comeza na casa. Dende Viaqua, fan un chamamento á poboación galega para evitar tirar residuos polo inodoro: produtos de hixiene persoal, medicamentos ou aceite de cociña, entre outros moitos, que causan problemas graves nas nosas redes de saneamento e teñen un impacto negativo no medio ambiente. Tirar estes residuos provoca atascos, malos olores, sobrecustos e contamina os nosos ríos e mares.
O compromiso de Viaqua é seguir avanzando cara a un modelo de xestión da auga resiliente e sostible, con infraestruturas adaptadas ao cambio climático e cun enfoque na economía circular. Este Día Mundial do Saneamento é un bo momento para reflexionar sobre como contribuír a un planeta máis saudable, comezando dende os nosos propios fogares.