Apoiamos o comercio local no ‘II Concurso de Decoración de Escaparates de Nadal’
O Concello de Ourense vén de poñer en marcha a segunda edición do ‘II Concurso de Escaparates de Nadal’. Unha iniciativa par apoiar o comercio local e dinamizar o Nadal na cidade e ambientar estas datas festivas.
O concurso repartirá un total de 8.000 euros en premios:
- 1º Premio de 3.000€
- 2º Premio de 2.000€
- 3º Premio de 1.000€
- 4 accésits de 500€
Todos aquelas tendas e comercios que queiran participar poderán inscribirse do 1 ao 13 de decembro a través do correo electrónico concursoescaparates@ourense.gal. O xurado valorará aos participantes en función da súa creatividade e orixinalidade, a disposición dos produtos e o uso de materiais reciclados e a temática da auga.
Os premios entregaranse no Auditorio Municipal o 20 de decembro.
Consulta as bases.
Descarga o cartel.