Queres sacarlle o máximo partido á nosa web na xestión do teu contrato?

Desde a Área de Clientes da nosa web podes realizar todas as xestións relativas ao teu contrato dunha maneira cómoda, áxil e sinxela, no momento que desexes e desde calquera dispositivo (móbil, ordenador…).

Co obxectivo de amosarche as principais xestións que podes realizar desde a túa área privada e as vantaxes que che ofrece, creamos unha serie de vídeos titoriais breves onde che explicamos o seu funcionamento.

  • Rexistro na Área de Clientes: sigue os pasos para darte de alta na túa área privada e empeza a xestionar o teu contrato cando o necesites.

       

  • Presentámosche a nova Área de Clientes, onde poderás realizar todas as túas xestións e coñecer o estado dos teus contratos de forma rápida e sinxela. Darse de alta na Área de Clientes é moi fácil. Só tes que ter a man unha factura e seguir os seguintes pasos:

    1. Preme no botón “Rexístrate”.
    2. Selecciona o tipo de alta que desexes: particular, empresa ou administrador.
    3. A continuación cumprimenta os datos solicitados, os cales poderás atopar na túa factura, e preme no botón «Continuar».
    4. Indica o teu nome de usuario, correo electrónico e marca o cadro para activar a factura online. Para rematar le e acepta a política de privacidade.
    5. Revisa a bandexa de entrada do teu correo electrónico, incluíndo a de spam. Para activar o teu usuario, abre o correo recibido e preme no enlace que aparece.
    6. Crea a túa contrasinal de acceso e fai clic en «Continuar».

    Xa podes acceder á Área de Clientes. A través da web, todo son vantaxes.

 

  • Descarga as túas facturas: accede ao teu histórico de facturas e descarga en formato electrónico as que necesites.

   

  • Descargar as túas facturas é moi sinxelo si décheste de alta na área de Clientes da web. Accede á túa conta e ve á sección «Xestións online» do menú principal.
    Despois diríxete a «Descarga masiva de facturas».
    Fai clic na pestana «Solicitar descarga» e enche os campos necesarios: asigna o nome que queiras á descarga e indica o período temporal que desexes.
    Tamén podes elixir como seleccionar as facturas, por documento de identidade ou por número de contrato.
    A continuación, marca unha a unha as facturas que desexes descargar e fai clic en «Continuar».
    Verifica que as facturas seleccionadas son as que precisas. Podes descargalas nun Excel co botón “Descargar listaxe”.
    Para descargalas en PDF , fai clic en ‘Confirmar’ para procesar a túa solicitude. Recibirás un correo electrónico que che avisará de que as facturas descargáronse correctamente. Se non ves o correo na túa bandexa de entrada, lembra revisar a carpeta de spam.
    A partir dese momento xa terás as facturas á túa disposición na pestana ‘Descargas solicitadas’ e poderás descargalas en formato PDF.
    A través da web, todo son vantaxes.

 

  • Pagamento de facturas: en caso de que non teñas domiciliados os teus recibos pero dispoñas de tarxeta bancaria, accede e mediante unha pasarela de pagamento segura poderás aboar as túas facturas.

       

  • Podes pagar as túas facturas dende a web sen necesidade de rexistrarte na Área de Clientes. É moi sinxelo, só necesitas ter a man a factura que queres pagar e seguir estes pasos:
    1. Diríxete a «O teu servizo», no menú principal, e selecciona «Pago de facturas».
    2. Accede a entidade bancaria dende a parte inferior da pantalla. Non é necesario ser cliente da entidade para poder pagar.
    3. Selecciona «Pagar agora con código CPR» e cubre os datos solicitados. Atoparalos na parte inferior da factura: CPR, emisora, referencia, identificación e importe.
    4. Escribe os datos solicitados que atoparás na parte inferior da túa factura. Non esquezas introducilos sen guións e indicar o importe exacto.
    5. Unha vez completados os datos só faltará introducir a información da túa tarxeta bancaria. Para terminar o proceso, fai clic en «Pagar».
 

 

  • Emite un documento de pagamento: xera o teu propio documento de pagamento das túas facturas e abóaas a través da túa entidade bancaria. Evita desprazamentos e aproveita o código que xeramos no documento para aboar a factura a través do portal web da túa entidade bancaria.

       

  • En primeiro lugar, para solicitar o documento de pago dunha factura pendente, debes acceder á túa conta na área de clientes e a continuación dirixirte á sección de menú “Xestións online”.
    Unha vez accedas, poderás visualizar as xestións que podes realizar, clasificadas en grupos en función da súa tipoloxía.
    Seguidamente debes seleccionar a opción “Documentos de pago”, que está situada no grupo de xestións “Facturas e pagos”.
    A continuación, selecciona o contrato que contén as facturas pendentes de pago e preme en “continuar”.
    No seguinte paso, selecciona as facturas das cales necesitas o documento e preme o botón “Xerar documento de pago”.
    Aparece entón unha mensaxe de confirmación, que permite cancelar a operación ou continuala co botón “xerar documento”.

Descubre como sacarlle o máximo proveito a área privada e todas as facilidades que poñemos á túa disposición para que poidas realizar todas as túas xestións cando ti o precises.