“En España, a auga da billa proporciona auga fresca de boa calidade e pódese dispoñer dela en calquera instante.”- Bhupendra Bagad

" "

Ola, Bhupendra  Bagad, de onde vés? Que estudos realizaches?

Ola, son de India e actualmente estou a cursar o  Master en Enxeñería da auga, o cal que é un programa de estudos conxunto entre a Universidade de  Hochschule  Magdeburg e a Universidade da Coruña.

Na India, estudiei Enxeñería Mecánica e conto cunha experiencia de 3,5 anos no departamento de control e calidade de deseño e fabricación de equipos de tratamento de auga e augas residuais.

Por que decidiches estudar o máster universitario en enxeñería da auga pola Universidade da Coruña?

A miña fascinación pola Enxeñería da auga comezou despois da miña graduación cando comecei a traballar como Enxeñeiro de proceso e control de calidade. O tratamento da auga e os seus diversos aspectos chamaron a miña atención particular. Canto máis profundizaba no tema, máis me fascinaba. Mentres traballaba, deime conta de que as habilidades para o desenvolvemento deste traballo requiren dun coñecemento máis extenso de todo o proceso hidráulico e por este motivo decidín estudar este máster para especializarme na materia.

Levas 2 meses facendo as prácticas do máster en  Viaqua. Poderías contarnos que tarefas desenvolviches neste tempo? Que é o que máis che está gustando desta experiencia?

A miña experiencia con  Viaqua foi xenial. Ao principio, levoume un tempo habituarme  coa cultura de traballo, xa que era a primeira vez que traballaba en Europa. Actualmente estou a traballar no departamento de distribución de Santiago e colaboro co traballo en campo de inventario de elementos da rede de distribución e tamén, estou a especializarme coa miña titora Laura Roca na modelización hidráulica de redes con  EPANET.

Ademais, actualmente estou a estudar o nivel A2 de idioma español na USC e facer prácticas en  Viaqua axudoume a mellorar as miñas habilidades neste idioma. Vendo o outro lado do mundo, agora teño unha mellor comprensión de temas complexos.

Que opinas da posibilidade de realizar prácticas nunha empresa como  Viaqua?

Estudei un semestre en Coruña e oín falar da súa reputación na industria. Traballar en  Viaqua axudoume a desenvolver o coñecemento sobre aspectos técnicos en detalle e estou seguro de que nos próximos meses terei un amplo coñecemento sobre o modelado hidráulico de redes. En canto á cultura do traballo, o ambiente é moi entusiasta e acolledor, hai moitas actividades sociais que levan a cabo. Recentemente participei no evento  Ocean  Initiatives da compañía e aprecio o aspecto social da compañía cara á sociedade.

Que diferenzas ves entre o servizo de auga en España e na India?

Estiven traballando na industrial de fabricación de rede de tubaxes mentres que actualmente estou a traballar no modelado hidráulico que non fixen antes, polo que é moi difícil de comparar.

En xeral, as diferenzas que vin ata agora son a cultura de traballo, a rede está máis ordenada e é menos complicada en comparación coa India, xa que hai unha gran diferenza de poboación, hai máis consumidores en comparación cos consumidores de aquí, facendo así a rede máis complicada o control da súa xestión. Ademais, vin que  Viaqua utiliza diferentes software e aplicacións, o que conleva a ferramentas para manter unha boa xestión da rede e de operar de maneira eficiente.

Habitualmente bebes auga da billa? Por que?

Si, normalmente bebo auga da billa tanto na India como en Europa. Aquí en España, a auga da billa proporciona auga fresca de boa calidade e pódese dispoñer dela en calquera instante. Polo  contario, na India existen algúns problemas que fan que ás veces non sexa posible. Existen zonas nas cales non é posible dispoñer de auga as 24 h ou non existe acceso. Onde eu vivo, si hai acceso a auga potable, pero instálanse pequenos equipos de purificación para asegurar a boa calidade da auga potable nos fogares e edificios.

A calidade da auga, tamén depende da zona, hai lugares nos cales non se adecúa á normativa e nestes casos prefiro beber auga embotellada. Pero o plástico é un importante contribuínte aos refugallos plásticos. Só o 10% recíclase e o resto refúgase, o que eventualmente se descompón en microplástico que termina no ecosistema. Beber auga embotellada tamén ten unha gran pegada de carbono asociada con ela. Beber auga da billa ten un impacto ambiental próximo a cero e gustaríame seguir bebendo auga na medida en que sexa hixiénica e non afecte a miña saúde.