Publicador de contidos

O Concello de Cedeira comunica a restrición do consumo de auga

En relación ao brote de gastroenterite detectado onte entre a poboación de Cedeira e constatado o incremento do número de casos por parte da Autoridade Sanitaria, comunicamos a restrición do uso da auga do abastecemento municipal, de xeito que esta non se utilizará para a inxesta (bebida ou preparación de alimentos), lavado de alimentos nin hixiene bucodental, aínda que poderá ser utilizada para hixiene persoal (lavado de mans e duchas) así como para usos domésticos de limpeza. 

Estas restricións aplicaranse, igualmente, a calquera outra traída de carácter privativo ou fonte. 

Recordamos á poboación que teñen a súa disposición unha cisterna de abastecemento de auga para consumo humano no Paseo da Constitución, a cal estará dispoñible mentres duren as restricións. 

Continuamos traballando, da man de Viaqua e da Consellería de Sanidade, para esclarecer a orixe do brote, a espera dos resultados das analíticas realizadas, manteremos informada a poboación.