Publicador de contidos

Comunicado servizo de auga de Cedeira

Tendo coñecemento hoxe, 27 de xuño, sobre as 14:30h horas da detección dun brote de gastroenterite entre a poboación de Cedeira, cuxo orixe, nestes momentos, resulta descoñecido comunícase o seguinte:

 As analíticas realizadas pola empresa xestora na auga de consumo humano, que se realizan de forma continua, cumpren con todos os controis establecidos polo RD 3/2023, de calidade da auga para consumo humano, e ata a data, en ningún deles detectouse parámetro algún que estivese fóra do rango.  

Unha vez ponse en coñecemento o brote, Viaqua, como empresa xestora, procedeu a tomar as medidas necesarias para detectar posibles causas e investigar se a orixe de transmisión era derivado do consumo da auga suministrada.

Aínda cando a orixe non está identificada, activouse o protocolo específico e preventivo á  fin de avaliar a súa posible orixe, coñecer as súas características e anticipar a resposta tomando con carácter extraordinario mostras no abastecemento para realizar seguimento da calidade microbiolóxica da auga suministrada.

Con carácter preventivo, á espera de recibir os resultados das mostras tomadas hoxe e en base ás recomendacións da Autoridade Sanitaria e de acordo co Concello de Cedeira DESACONSÉLLASE O USO DA AUGA POTABLE MUNICIPAL E DE CALQUERA OUTRA TRAÍDA PRIVATIVA  para a inxesta, preparación de alimentos ou hixiene bucodental, podendo ser empregada para aseo ou limpeza, á espera de aclarar a orixe do brote vírico.

Mentres duren as restricións instalarase unha cisterna de abastecemento de auga para consumo humano no Paseo da Constitución ata novo aviso.